Protocolos e Estándares de rede
Un protocolo é un conxunto de regras para comunicarse, a familia de protocolos de Internet, TCP/IP, é un conxunto de protocolos de rede nos que se basea Internet e que permiten a transmisión de datos entre redes de ordenadores.
O protocolo TCP/IP é a base de Internet, serve para enlazar ordenadores que utilizan diferentes sistemas operativos. Este protocolo utiliza un modelo en capas xerarquizadas. O número de capas e, en cada unha de elas, seus servizos e funcións son variables con cada tipo de rede. Cada capa debe ocuparse exclusivamente do seu nivel inmediatamente inferior, a quen solicita servizos, e do nivel inmediatamente superior, a quen devolve resultados.
De Wikimedia Commons ,Pila de Protocolos TCP/IP, Licenza: Creative Commons
- Un enderezo IP é unha etiqueta numérica de 32 bits agrupados en 4 octetos, que identifica, de maneira lóxica e xerárquica, a un equipo dentro dunha rede que utilice o protocolo IP (Internet Protocol).
Exemplo:
10.63.2.57 (decimal)
01010.01010111111.01010111111.01010111111 (binario)
- A máscara de rede é unha etiqueta numérica que serve para delimitar no enderezo IP cal é a parte que se corresponde co enderezo da rede e cal é a que se corresponde co enderezo do propio equipo ou host .
- IP dinámica refírese a asignación de IP a un equipo que pode variar no tempo.
- DHCP (Dynamic Host Configuration Protocol). Protocolo que permite asignar os parámetros de rede de maneira dinámica aos equipos.
- Servidor DHCP é o equipo que utilizando o protocolo DHCP asigna a configuración a outros equipos da rede.
(O uso de DHCP é habitual en lugares públicos e fogares)
- O enderezo MAC (Media Access Control ou Control de Acceso ao Medio) é un identificador de 48 bits (6 bloques hexadecimais) que corresponde de forma única a unha tarxeta de rede. Adoitase escribir en formato hexadecimal, por exemplo: 00:02:3F:0C:44:E0
- Domain Name System (DNS, "Sistema de Nomes de Dominios"). Un sistema de nomenclatura xerárquica para ordenadores, servizos ou calquera recurso conectado a Internet ou a unha rede privada. Este sistema asocia información variada con nomes de dominios asignado a cada un dos participantes. A súa función máis importante, é traducir (resolver) nomes intelixibles para as persoas en identificadores binarios asociados cos equipos conectados á rede para poder localizar e direcionar os equipos. Traduce os nomes de dominio (de uso humano) a enderezos IP (de uso na rede). Por exemplo : A páxina www.xunta.es (para as persoas) en realidade é: 85.91.64.232 ou 01010101. 01011011. 01000000.11101000 (para as máquinas).
- Os DNS para a rede corporativa dos centros de ensino público son:
10.180.188.75
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Sen obra derivada 3.0