Límites identificados e cuantificados.
Existen diferentes elementos nas redes de datos que funcionan como colos de botella. Cada un destes reduce a velocidade de transmisión entre dous dispositivos (PC, AP, router, etc...) á velocidade máxima que permite o dispositivo.
Podemos utilizar como exemplo o volume de auga que pasa dun punto a outro atravesando mangueiras de diferente diámetro (eliminaremos a variable "presión"). Imaxinamos que queremos pasar 1000 litros dunha piscina a outra, e para iso necesitamos utilizar 3 mangueiras diferentes, o máximo de litros por minuto que poidamos mover virá establecido pola mangueira máis estreita.
Nesta categoría atopariamos os seguintes límites:
-
ADSL do centro.-
Ao acceder a páxinas da internet, que non da intranet, debemos facer uso da conexión ADSL que é a que une o noso centro co resto de equipos do mundo. Loxicamente canto maior ancho de banda teña o noso centro maior velocidade de conexión poderemos alcanzar na navegación cos equipos ultraportátiles.
É suficiente o ancho de banda para poder traballar con contidos educativos nos ultraportátiles? aínda nun entorno óptimo a resposta é NON, xa que o ancho de banda divídese entre tódolos equipos conectados á ADSL no centro, non só os ultraportátiles do Proxecto Abalar. Ademais, tamén garda relación coa esixencia que cada un dos equipos conectados poida estar facendo da rede. Así por exemplo: un só software de descarga masiva de arquivos instalado en calquera equipo do centro (bitorrent, emule, etc...) pode comprometer a velocidade da conexión a internet do resto de equipos no centro, o que significaría unha interrupción da temporalización da sesión que o mestre planificou.
Puntos de Acceso (AP). Como xa dixemos, cada aula do Proxecto Abalar utilizará un AP adicado para tódolos equipos da aula. Este dispositivo traballa a unha velocidade máxima de transferencia, que deberá tamén ser dividida entre tódolos equipos que a el se conectan, neste caso dividida entre o número de equipos ultraportátiles que estean conectado a dito AP.
-
Velocidade wifi
A velocidade máxima teórica á que poderían traballar estes equipos con tecnoloxía “Wifi N” é de 300 Mbps, pero estas condicións óptimas nunca se van cumprir, xa que por un lado debemos converter a teoría en práctica reducindo mínimo un 50% a velocidade, e por outro lado, as condicións óptimas daranse en contadas ocasións.
Así, podemos arriscarnos a dicir que como moito, un AP traballará a 100 Megabits por segundo (Mbps). Loxicamente, esta velocidade hai que dividila entre o número de equipos conectados e sumarlle as variables que se indican non seguinte apartado.
Ao acceder a páxinas da internet, que non da intranet, debemos facer uso da conexión ADSL que é a que une o noso centro co resto de equipos do mundo. Loxicamente canto maior ancho de banda teña o noso centro maior velocidade de conexión poderemos alcanzar na navegación cos equipos ultraportátiles.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Sen obra derivada 4.0