COMPETENCIAS |
OBXECTIVOS |
1.- Competencia en comunicación lingüística. |
-
Escoitar e ler textos de carácter científico.
-
Ampliar o vocabulario relacionado co mundo científico.
-
Ser que de expresar de xeito ordenado as fases dun proceso
científico.
-
Recompilar e procesar información en torno a científicos e
inventores.
- Ser
competente á hora de comprender, compoñer e utilizar
distintos tipos de textos científicos con intencións
comunicativas ou creativas.
-
Comprender e saber comunicar informacións relacionadas
coa ciencia.
- Ser capaz de ler, de escoitar, de
analizar e de ter en conta opinións distintas á
propia.- Afianzar o dominio
da lingua oral e escrita no contexto científico.
- Fomentar a lectura de biografías
de científicos/as, inventores/as,...
|
2.-
Competencia
matemática. |
-
Adquirir habilidade para interpretar e expresar con
claridade datos e informacións de carácter científico.
- Realizar
medicións de distintos líquidos empregando utensilios de
laboratorio.
- Ser capaz de
realizar experimentos tomando as proporcións e as medidas
axeitadas.
- Elaborar liñas
do tempo de científicos, inventos,...
- Interpretar e
elaborar gráficas diversas. |
3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo
físico. |
- Valorar a
importancia de diversos inventos na vida cotiá das persoas.
- Mostrar espírito
crítico á hora de valorar o progreso científico.
- Obter
conclusións de sinxelos experimentos realizados.
- Relacionar os
avances científicos no ámbito da saúde coa calidade de vida
e co aumento da esperanza de vida. |
4. Tratamento da información e competencia dixital.
|
- Obter
información a partires de enlaces web dados.
- Ser competente
no uso da web 2.0 para o tratamento da información no eido
científico.
- Uso de programas
informáticos para a exposición de traballos.
- Analizar
criticamente a información que se atopa na rede.
- Facer uso habitual dos
recursos tecnolóxicos dispoñibles para resolver
situacións dadas de modo eficiente.
|
5. Competencia social e cidadá. |
- Comprender a
evolución científica, os seus logros e problemas.
- Ser consciente
de diversos conflitos de valores e intereses xerados arredor
da ciencia ao longo dos tempos, así como do xeito de
resolvelos.
- Expresar as
ideas propias, escoitando as alleas comprendendo o seu punto
de vista aínda que sexa distinto.
- Profundizar na
xeografía a partires dos países de orixe dos científicos/as.
- Reflexionar
acerca dos cambios de costumes, hábitos, vestimenta... co
paso do tempo, a través do visualizado de películas
relacionadas co proxecto. |
6. Competencia cultural e artística. |
- Realizar murais,
bosquexos, caricaturas... para exposicións do proxecto.
- Involucrar ás
familias na realización plástica de distintos inventos.
- Amosar
imaxinación e creatividade na produción de traballos
plásticos.
- Empregar
diferentes tipos de materiais na elaboración de traballos
artísticos. |
7. Competencia para aprender a aprender. |
- Espertar a
curiosidade no eido científico.
- Ser quen de
traballar en equipo, repartindo as tarefas de xeito
eficiente.
- Valorar as
aportacións dos demais compañeiros/as.
- Ser capaz de
perseverar na aprendizaxe, adquirindo compromisos persoais e
administrando o esforzo. |
8. Autonomía e iniciativa persoal. |
- Propoñerse obxectivos,
planificar e levar a cabo proxectos.
- Coñecer as fases de
desenvolvemento dun proxecto, planificando e tomando
decisións.
-Valorar as
posibilidades de mellora.
|