
Pasan naquesta vida
cousiñas tan estrañas,
tan raros feitos vense
neste mundo de trampa;
tantos milagres vellos,
tan novas insinanzas,
e tan revoltos allos
con nome de ensaladas,
que non che digo nada...
Pero, ¡vaia!
Rosalía de Castro. Cantares Gallegos
A instancias da AELG (Asociación de Escritores/as en Lingua Galega) os centros escolares levan xa varios anos celebrando o Día de Rosalía de Castro neste 24 de febreiro. Esta data aparece tamén recoñecida no Calendario do Libro e da Lectura 2016, publicado pola Secretaría Xeral de Cultura, para lembrar o aniversario do nacemento da escritora referencial da literatura galega. As bibliotecas escolares galegas comezan a publicar as súas actividades arredor deste día:
- CEIP P. Alexandre Bóveda (Chapela-Redondela, Pontevedra): No fondo sen fondo do meu pensamento (escribindo con Rosalía)-- Actividades sobre Rosalía en E. Infantil
- CEIP P. de Andrade (Pontedeume, A Coruña): Celebramos o Día de Rosalía
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Viveiro, Lugo): Para celebrar a Rosalía
- CEIP P. A Pontenova (A Pontenova, Lugo): Día de Rosalía de Castro
- CEIP Coirón-Dena (Meaño, Pontevedra): Rosalía para o mundo!
- CEIP de Cedeira (Redondela, Pontevedra): Día de Rosalía 2016
- CEIP P. de Covas (Viveiro, Lugo): Conmemorando o Día de Rosalía
- CEIP Fco. Vales Villamarín (Betanzos, A Coruña): Día de Rosalía (información e recompilación de recursos)
- CEIP Filomena Dato (Barbadás, Ourense): Día de Rosalía
- CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra): (Día de Rosalía) Entrañable e variado
- CEIP de Frións (Ribeira, A Coruña): 24F lendo a Rosalía
- CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás, Ourense): Felicidades Rosalía
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): Rosalía, sempre!
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo, A Coruña): 24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro.
- CEIP Víctor López Seoane (A coruña): Día de Rosalía
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Celebramos o Día de Rosalía
- CEP Lois Tobío (Viveiro, Lugo): Día de Rosalía, 24 de febreiro
- CEP Xosé Mª Brea Segade (Taragoña-Rianxo, A Coruña): Postais para o Día de Rosalía
- CPI de Pontecesures (Pontecesures, Pontevedra): Celebración do Día de Rosalía
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña): Rosalía de Castro 2016. "Aromas puros, frescura e poesía". Selección de poemas e recursos.
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): #mobilizarosalia -- Preparando o Día de Rosalía -- Día de Rosalía
- EEI de Vilarrodís (Arteixo, A Coruña): Sempre Rosalía
- IES Antón Losada Diéguez, IES Manuel García Barros, IES nº 1 (A Estrada, Pontevedra): Concurso de fotografía "Rosalía en A Estrada"
- IES de Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova, Ourense): Celebrando a Rosalia
- IES Lamas de Castelo (Carnota, A Coruña): Mobliza Rosalía
- IES Lucus Augusti (Lugo): Día de Rosalía 2016
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo): Recitando a Rosalía na biblioteca -- Outras actividades
- IES Número 1 (A Estrada, Pontevedra): Celebracións Día de Rosalía
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra): Semana de Rosalía: exposición, lecturas compartidas...
- IES de Poio (Poio, Pontevedra): Día de Rosalía, 2016
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): As caras de Rosalía
- IES Santiago Basanta Silva (Vilalba, Lugo): Día de Rosalía. REcursos e actividades.
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): #mobilizarosalía
- Acompaña esta entrada unha ilustración de Aldara Prado, unha das novas imaxes de Rosalía que, grazas á Deputación de A Coruña se difunden libremente a través da Rede.