Día da Poesía-2016
O mércores 24 de febreiro imos celebrar por noveno ano consecutivo o Día da Poesía no instituto, coincidindo co Día de Rosalía de Castro. Con este motivo estamos organizando un recital poético que terá lugar a 4ª hora, despois do recreo, no vestíbulo.
Se queres participar no recital, ven á biblioteca escoller poema e incluímoste no recital!
Para recordares como celebramos a actividade nos anos pasados, preme aquí: 2015, 2014, 2013, 2012, 2011, 2010, 2009
Unha das organizacións que vén celebrando dun xeito moi especial esta data é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Na śúa páxina pódese acceder ao historial de actividades. Nesta edición, esta é a súa proposta: Mobiliza Rosalía.
Se queres ver algunhas fotos do recital, preme aquí.