Día Mundial do Libro 2010 - I

O escritor Juan Mata, profesor da Universidade de Granada e voz particularmente lúcida no ámbito do fomento da lectura, estivo connosco nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 09/10, o pasado xoves, 15 de abril. A súa excelente conferencia estará accesible nesta páxina proximamente.

Co gallo da celebración do Día Munidal do Libro e do Dereito de Autor - 2010, Ano do Libro e da Lectura de Galicia, o autor agasallou ás Bibliotecas Escolares de Galicia cun texto sobre o papel do lector á hora de transmitir ou contaxiar o gusto pola lectura, o papel da persoa mediadora neste ámbito tan apaixoante, e tan confuso ás veces, do fomento da lectura entre os máis novos. Con este fermoso texto publícase un marcapáxinas dedicado ao profesorado que tanto e tan ben está a facer desde as bibliotecas escolares e desde as aulas. Agradecemos a Juan Mata este agasallo e convidamos á súa lectura e difusión. 

A ilustración do texto é de Miguelanxo Prado, da campaña da Consellería de Educación,  "Biblioteca Escolar, espazo de lecturas", correspondente ao curso 2009/2010.

AdxuntoTamaño
Juan_Mata_diadolibro2010.pdf190.56 KB