O Día do Cómic e do Tebeo é unha celebración que pretende recoñecer o valor do cómic e do tebeo, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.
A autora do cartel deste ano é a ilustradora Bea Lema, Premio Nacional do Cómic 2024. Creadora do cartel "Xeografías lectoras na biblioteca escolar" , lema das bibliotecas escolares de Galicia no curso 2020/2021, no que nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.
O Grupo de Traballo "Comictecas" do Consello de Cooperación Bibliotecaria, do que forman parte as bibliotecas escolares de Galicia, vén de presentar unha publicación para celebrar esta data:"Cómic. 50 recomendacións para bibliotecas".