No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
Máis información:
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
- CEIP P. Barrié de la Maza (Sta. Comba-A Coruña): 11F - Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Arredor de Marie Curie
- CEIP Javier Sensat (Vigo-Pontevedra): Nena e Ciencia
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): Día da Muller e a Nena na Ciencia
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): 1º Reto Investigación
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): Científicas galegas
- CEIP P. O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): As mulleres somos de ciencia!
- CEIP P. Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Mulleres na ciencia
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia
- CPI Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Día da Muller e a Nena na Ciencia
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): 11F - Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Nais con Ciencia
- IES Brión (Brión-A Coruña): Día da Muller e a Nena na Ciencia: Matemática!, Xogos Matemáticas, Encontro con Saray Busto
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Entrevista con Anuska Mosquera
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Sen elas non hai cosmo, Visita de Nieves Vidal González
- IES Muralla Romana (Lugo): Ciencia con nome de muller
- IES Pazo da Mercé (A Estrada-Pontevedra): Día da Muller e a Nena na Ciencia. Kahoot
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Científicas en corto