"A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua pemítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas".
Elena Vázquez Cendón
Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Elena Vázquez Cendón, doutora en matemáticas, Decana da Facultade de Matemáticas da USC, membro do Consello da Cultura Galega, presidenta do Estalmat-Galicia e Premio María Josefa Wonenburger no 2022.
O manifesto para este ano 2023, baixo o título "Sementeiras de curiosidade científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder sementar e degustar a ciencia nas nosas bibliotecas escolares.
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
- MATERIAIS: MES DA CIENCIA EN GALEGO
- PINTEREST CIENCIA EN GALEGO
- MALETAS VIAXEIRAS (Ciencia, Economía, Física e Química, Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Libro Informativo)
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
- Aula Hospitalaria-Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo-Pontevedra): Novembro, Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Mes da Ciencia
- CEIP A Igrexa-Calo (Teo-A Coruña): Experimentos na biblioteca
- CEIP P. Barrié de la Maza (Sta. Comba-A Coruña): Experiencias Científicas
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Experimentos, Recomendacións lectoras
- CEIP de Esteiro (Ferrol-A Coruña): Libros, Retos, Experimentos e unha visita
- CEIP Flavia (Padrón-A Coruña): En Novembro, Ciencia en Galego
- CEIP Javier Sensat (Vigo-Pontevedra): Pirámide Holográfica, Expositor do Mes da ciencia
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense) Obradoiro de ciencias, facemos xabóns
- CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera (Ponteareas-Pontevedra): Sementeiras de curiosidade
- CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños-A Coruña): Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
- CEIP Monte Baliño (Ferreira de Pantón-Lugo): Mes da Ciencia en Galego
- CEIP Nicolás del Río (cedeira-A Coruña): Exposición fondos ciencias, Experimeto reprodución plantas
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): Novembro, Mes da Ciencia en Galego
- CEIP P. O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Mes da Ciencia
- CEIP de Portonovo (Sanxenxo-Pontevedra): Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
- CEIP Valle Inclán (O Grove-Pontevedra): Tempo de lecer baixo as lentes do microscopio
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Novembro, Mes da Ciencia
- CEIP Xosé Neira Vilas (Gondomar-Pontevedra): Mes da Ciencia nas Bibliotecas
- CPI P. Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Mes da ciencia en galego 2023
- CPI P. Virxe do Monte (Cospeito-Lugo): Mes da Ciencia na Biblioteca
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Experimentando coas follas
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Divirtíndonos coa ciencia en galego
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Mes da Ciencia en Galego
- IES Monte das Moas (A Coruña): Novembro, Mes da Ciencia en Galego; Vídeoconferencia co doutor Javier de Toro
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz-Lugo): Vendo o invisible. Mes da ciencia na biblio
- IES de Poio (Poio-Pontevedra): A tecnoloxía que nos rodea
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Mes da Ciencia na Biblio
- IES de Vilalonga (Sanxenxo-Pontevedra): II Semana da Ciencia IES de Vilalonga