Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.
"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender, lugares para descubrir, para encontrarse e convivir. A rede de bibliotecas escolares de Galicia leva moitos anos tecendo espazos de encontro nos que compartir experiencias e recursos, nos que conectar coa comunidade próxima ou a máis afastada, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS , e quere poñer o foco na importancia do cómic na formación do itinerario lector, o cómic como un lugar no que encontrarse.
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
- Aula Hospitalaria do H. Álvaro Cunqueiro (Vigo-Pontevedra): Día das Bibliotecas - Obradoiro de creación de cadernos
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia-A Coruña): Día das Bibliotecas-24 de outubro
- CEIP P. Barrié de la Maza (Sta. Comba-A Coruña): Día das Bibliotecas
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): Inauguración do Recanto das Familias
- CEIP P. da Espiñeira-Aldán (Cangas-Pontevedra): Día das Bibliotecas, Día da Luz
- CEIP de Esteiro (Ferrol-A Coruña): Día das bibliotecas escolares con Pepablo Patinho
- CEIP Flavia (Padrón-A Coruña): O aniversario de EF no Día das Bibliotecas
- CEIP P. Javier Sensat (Vigo-Pontevedra): Teatro-Agora que vai pasar?
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Protagonista: "A Biblioteca"
- CEIP Laverde Ruíz (Outeiro de Rei-Lugo): Día das Bibliotecas
- CEIP P. de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): Formación de usuarios, Mochilas viaxeiras
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense) Emisión Radio Pingueira no Día das Bibliotecas
- CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera (Ponteareas-Pontevedra): Lunares... presenta... Alu-Cinema!
- CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños-A Coruña): Día das Bibliotecas 23: BE-LeoLab Milladoiro
- CEIP P. Monte Baliño (Ferreira de Pantón-Lugo): Día das Bbliotecas - Tecendo Creatividade
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): Día das bibliotecas - PDI Xuve saudable
- CEIP P. Nº1 de Foz (Foz-Lugo): Día das Bibliotecas
- CEIP O Piñeiriño (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): Día das Bibliotecas Escolares
- CEIP P. O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Día das bibliotecas escolares
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Día das Bibliotecas Escolares 23
- CEIP P. Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Kamishibai no Día das Bibliotecas Escolares
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A Coruña): Día das Bibliotecas Escolares
- CEIP de Portonovo (Sanxenxo-Pontevedra): Día das Bibliotecas
- CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros-A Coruña): Día das Bibliotecas 2023
- CEIP Ramón de Valenzuela (Bandeira-Pontevedra): O Xogo da Biblioteca
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Día das Bibliotecas Escolares
- CEIP de Seixalbo (Ourense): Día das Bibliotecas Escolares 2023
- CEIP P. da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Festival de música en familia
- CEIP VIstahermosa (Ourense): Día das Bibliotecas
- CEIP P. Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña): Luces, cámara, acción!
- CPI da Cañiza (A Cañiza-Pontevedra): Concurso "A Arte de Ler"
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños-A Coruña): Día das Bibliotecas-A nosa biblio
- CPI Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Día das Bibliotecas
- CPI Virxe da Saleta (Cea-Ourense): Día das Bibliotecas
- EEI Fina Casalderrey (Pontevedra): Día das Bibliotecas Escolares
- EEI Monte da Guía (Vigo-Pontevedra): Día Das Bibliotecas Escolares
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Tecendo comunidades - Aniversario de Librín
- IES Agra do Orzán (A Coruña): Visita de Manel Cráneo
- IES As Lagoas (Ourense): Día Internacional das bibliotecas
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Bibliotecas no Misterio
- IES Espiñeira (Boiro-A Coruña): Día das Bibliotecas-Tecendo Comunidades
- IES Fernando Esquío (Neda-A Coruña): No Día das Bibliotecas Escolares, 24 de outubro falamos de... C.S. Lewis, No Día Das Bibliotecas Escolares...
- IES Pazo da mercé (As Neves-Pontevedra): Marcapáxinas, Recomendacións lectoras
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): Día das Bibliotecas
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Un violonchelo na biblioteca de Saraievo, Que din das bibliotecas? (Palabras de biblioteca)