O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 23 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias"do curso 2020/2021.
Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" aos 5 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.
Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias de un total de 64 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", destinada ao alumnado de 5º e 6º de primaria, no curso 2021/2022.
Esta é unha iniciativa integrada no Plan LIA 2021/2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Dirección Xeral de Centros e RR HH) en colaboración coa Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.