As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.
O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes larvadas de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos produtos audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade.
Este curso, sumámonos á convocatoria do CCB (Consejo de Cooperación Bibliotecaria) que lanza o hashtag #BibliotecasSTOPViolencia coa idea de promover a visibilidade das diferentes accións que se desenvolven desde bibliotecas ao redor desta temática. Queren facer visibles as actuacións que se fagan habitualmente, ou de maneira máis destacada durante estas semanas, en relación coa contribución realizada desde bibliotecas creando conciencia sobre esta realidade.
Na imaxe, alumnado do IES Universodade Laboral de Culleredo preparando materiais para o 25N.
Como en anos anteriores, difundimos actividades nas bibliotecas escolares galegas arredor destas datas e en prol da igualdade:
- CEIP A Cristina (Carballo-A coruña): #Bibliotecas STOPViolencia, Actividades 25-N
- CEIP P. A Pedra (Bueu-Pontevedra): 25 de novembro, Día Internacional da Non Violencia (sustentabilidade e igualdade)
- CEIP As Covas-Meaño (Meaño-Pontevedra): 25 N. STOPviolencia
- CEIP Alfonso D.R. Castelao (Rianxo-A Coruña): Exposición e materiais, Ilustrando a canción "Fabricando Luz"
- CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela-A Coruña): 25N. Contra a violencia de xénero
- CEIP de Ardán (Marín-Pontevedra): Expositor 25N
- CEIP Arquitecto Casas Novoa (Santiago de Compostela-A Coruña): 25N. Día Contra a Violencia de Xénero
- CEIP de Caión (A Larcha-A Coruña): Escolma de libros, Contacontos pola igualdade
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller
- CEIP de Covas (Viveiro-Lugo): O chuvasqueiro de Aurora (vídeo do alumnado voluntario)
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): 25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero
- CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados-Pontevedra): Abrimos portas violetas?
- CEIP Filomena Dato (Barbadás-Ourense): 25N, Lecturas recomendadas
- CEIP P. de Foz nº1 (Foz-Lugo): Día Internacional da Violencia de Xénero (colaboración do alumnado voluntario)
- CEIP Graxal (Cambre-A coruña): Eliminación da violencia de xénero 2020
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Lendo en Igualdade
- CEIP P. Julio Gurriarán Canalejas (O Barco de Valdeorras-Ourense): 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela-A Coruña): 25N Canción "La Igualdad" por Alba e Mencía
- CEIP da Laxe (Marín-Pontevedra): 25N-Contra a Violencia de Xénero
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): O bo trato tamén é saúde (vídeotitorial do alumnado voluntario), #BibliotecasSTOPViolencia
- CEIP P. de Louro (Muros-A Coruña): Lecturas pola igualdade "Mulleres imperfectas", Ciclo de lecturas 25N
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (Pobra de Trives-Ourense): Violencia de xénero. Actividades
- CEIP Manuel Sueiro (Ourense): Día da Non Violencia de Xénero
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Leo le... IGUALDADE DE XÉNERO!
- CEIP P. Monte Baliño (Ferreira de Pantón-Lugo): As nosas mulleres
- CEIP P. Montemogos (Bueu-A Coruña): 25N Conexión Biblioteca
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Día contra a Violencia de Xénero
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
- CEIP Otero Pedrayo (Vigo-Pontevedra): Non máis Violencia de Xénero
- CEIP P. Pena de Francia (Mos-Ponyevedra): Educando en Igualdade
- CEIP da Pobra do Brollón (A Pobra do Brollón-Lugo): Rexeitamos a Violencia! (curtas, lemas e clubs de lectura)
- CEIP P. Profesor Albino Núñez (Ourense): Recursos, Exposición, Todas as mans contra a violencia de xénero, Unha historia de igualdade
- CEIP Ramón de Artaza (Muros-A Coruña): 25N Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres
- CEIP de Randufe (Tui-Pontevedra): Construíndo igualdade, Recursos
- CEIP Raquel Camacho (A Coruña): 25N Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): Igualdade=Bo trato, 25N: con máscaras SI, caladas NON
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): Proposta da Deputación, Curtas robóticas, As nosas olladas no 25N
- CEIP Santa María do Valadouro (O Valadouro-Lugo): Unha man-chea de...
- CEIP Santiago de Oliveira (Ponteareas-Pontevedra): 25 N-Día Contra a Violencia de Xénero
- CEIP P. da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): 25N-Contra a violencia
- CEIP Virxe do Carme (Sober-Lugo): Analizando estereotipos
- CEIP Virxe do Rocío (Vigo-Pontevedra): 25 de santos, Día da Non Violencia
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Reto "Mulleres con moito que dicir"
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
- CPI P. Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): 25N Todxs contra a violencia de xénero,, Celebración
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Venres de alucine
- EEI Barrionovo (Arteixo-A Coruña): Guía de lectura, Encurta 25N, Monicreques
- EEI Monte da Guía (Vigo-Pontevedra): Con vontade de igualdade
- EEI San Roque (Viveiro-lugo): 25N Contra a Violencia, Tolerancia e Amor
- EEI Vilarrodís (Arteixo-A Coruña): 25N
- IES Cabo Ortegal (Cariño-A Coruña): 25 n. Día contra a violencia de xénero
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Unha flor, unha vida (recursos e apps)
- IES Illa de Sarón (Xove-Lugo): Actividades previas (espazo, fondos, debuxos)
- IES Lamas de Castelo (Carnota-A Coruña): 25N 2020, maratón de lectura no recreo
- IES Laxeiro (Lalín-Pontevedra): ReMoved, Frases contra a violencia de xénero, Non o imos consentir!, Mozas empoderadas, Cambiando os contos Disney, 25N nos centros
- IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño-Ourense): 25N: Día contra a violencia de xénero
- IES Miguel A. González Estévez (O Carril-Vilagarcía de Arousa): "As mulleres do porvir" de Dorotea Bárcena, Carapuchiña de Bonäí Capote, 25N: Tod@s/Todxs contra as violencias machistas, Somos vacinas contra a violencia machista
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Microrrelatos, A Violencia de Xénero tamén é unha Pandemia
- IES Pino Manso (O Porriño-Pontevedra): Escolma de textos e música
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): Exposicións (A muller na ciencia e 25N), Flores contra a violencia de xénero, Visibilizando ás mulleres
- IES Praia Barraña (Boiro-A Coruña): Poemas ilustrados
- IES Rafael Dieste (A Coruña): 25 N; Non á Violencia de Xénero "Buscando unha vacina"
- IES Ribera do Louro (O Porriño-Pontevedra): Selección de libros e películas, Cartel25N, Recomedacións, I Certame de deseño de carteis conmemorativos
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Vídeos para concienciarmos contra o machismo, A xeografía do machismo asasino, Sácate a máscara, sácallela! (escolma poética)
- IES Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): STOPViolencia é cousa de todo e todas, Instalación, Obradoiro de rap, Exposición, As nosas mácaras berran STOPViolencia
- IES de Vilalonga (Sanxenxo-Pontevedra): Día Internacional contra o Maltrato
- IES de Viós (Abegondo-A Coruña): Convite fotográfico "Mulleres lendo"
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria-Lugo): 25 de novembro