25N: Día internacional pola eliminación da violencia contra a muller
25 N 2023: activámonos contra as violencias cara as mulleres!
Para recordar e concienciar sobre esta falla social por desgraza tan cotiá, o departamento de LC e o equipo de Biblioteca Escolar organizamos unha lectura pública no hall de entrada, á que invitamos a quen quixera participar, profesorado e alumnado.
Traballo dende as aulas: o alumnado de P. Competencial de 2º deixounos estes carteis anunciativos e informativos.
25N 2022: actividades nas aulas
PARA O DÍA Internacional pola Eliminación da Violencia contra as mulleres, a cor laranxa é a que se usa para representar un futuro mellor, libre da violencia contra as mulleres e as nenas.Imaxe de:ONU Mulleres
De novo celebramos esta data tan importante e necesaria, procurando implicar ao máximo da comunidade educativa: profesores de diferentes materias nas aulas; e alumnado, profesorado, comunidade educativa (nais, pais) e outros membros da comunidade relacionados coa difusión cultural (a nosa libreira local, concelleiras de cultura do Concello de Carnota).
Este ano, hai departamentos que se unen por vez primeira á celebración deste evento. Estas son as materias que participan na celebración do 25N no noso centro:
- Lingua castelá e literatura: 1º, 2º, 3º e 4º
- Lingua e Literatura Galega: 2ºESO
- Inglés: 1º e 2º ESO; 3º e 4ºESO
- Francés: 1º e 2ºESO
- EVCE 3º ESO
- Materiais elaborados polos alumnos de V. Éticos de 4º: introdución ao 25N; información #16 días de activismo.
25N 2021: actividades
Este ano, dende a biblioteca desexamos propoñer unha serie de actividades para as aulas e que ocuparán toda a semana. Entre elas: exposición de materiais relativos ao tema na biblioteca, de traballos do alumnado de cursos académicos anteriores ao noso (dentro e fóra da biblioteca); lecturas públicas con presenza de persoas do ámbito culturalda contorna, e como non... algunha que outra nova adquisición de fondos que trate a violencia contra a muller dende varias perspectivas. Como soemos facer velaquí os eixos vertebradores da nosa celebración.
Traballo dende as aulas
Estas son as materias que participan na celebración do 25N no noso centro:
- Lingua castelá e literatura: 1º, 2º, 3º e 4º. Trabállanse textos de Emilia Pardo Bazán e @Srta. Bebi
- Lingua e Literatura Galega: 2º, 3º e 4º.
- Francés: tradución, cancións
- Relixión: 3º e 4º.
- Valores éticos: 1º e 2º.
- ITI, 1º e 2º.
Lecturas públicas na biblioteca. Nos recreos dos días 25 e 26 de novembro (xoves e venres), convidámosvos a pasar pola biblioteca a ler algún texto, escollido por vós ou polas bibliotecarias, para contribuír á concienciación da gravidade do problema da violencia contra as mulleres, e de que hai que acabar con ela...XA!
Este ano, convocamos por correo electrónico a todo o profesorado, animándooa participar nas nosas lecturas públicas, que tiveron lugar durante dous días:
- Recreo do 25 de novembro de 2021: recibimos a visita das representantes do Concello Luisa (Axencia de Lectura Municipal/ Servizo de Normalización Lingüística) e Merche (Concellería de Cultura), colaboradoras asiduas desta biblioteca; tamén Jessica (Librería Chorima) e as profesoras Lucía, Noelia (PTs) e Marián (LC), aparte da profe de francés e coordinadora da BE, Renée.
Profesores/as, PAS e alumnado asistiron ás lecturas. |
As nosas invitadas de honorDe esquerda a dereita: Jessica, Luísa e Merche |
Algúns dos alumnos e alumnas que asistiron á lectura. |
Merche, tenente de alcalde do Concello de Carnota. |
Jessica, a libreira (Librería Chorima) leunos o comezo do libro No manipuléis el feminismo. |
Luísa, encargada da ALM de Carnota e o SNL do Concello |
A PT Lucía leunos un bonito texto orixinal |
Un detalle da mesa de selección de lecturas para o 25N |
A PT Noelia leunos un relato curto de Rupi Kaur |
- No recreo do venres 26, optamos por unha fórmula de lectura máis "en petit comité", entre nós, xa que houbo menos afluencia de público. Aquí, animáronse varias alumnas e alumno, de 1º e 2º da ESO, aparte da bibliotecaria.
Marián leunos o relato "El golpe en la mesa", do Indomable, de @Srtabebi. |
Julián leu un fragmento de Manual para incendiar el paraíso, de María Murnau. |
A pequena mesa de lecturas, "entre nós"! Lucía le un poema do Indomable, de @Srtabebi. |
Sara leunos un dos contos de El futuro es femenino. |
Adquisición de material novo e recomendacións.
Recomendacións do alumnado: Playlist cancións 25N-AIT.pdf
Velaquí os fondos relacionados co tema na nosa biblioteca:
25N 2020: maratón de lectura no recreo
- Na biblioteca, propuxemos tentar a experiencia dunha maratón de lectura de textos en castelán e galego, escollidos de entre os cada vez máis numerosos libros da nosa sección de feminismo, e de literatura… que tamén dende a poesía e a ficción pode haber reivindicación dunha situación inxusta para a muller.
Leremos, entre outros, fragmentos dos seguintes libros:
Feminismo para torpes - Resumo da editorial Nerea Pérez de las Heras analiza de manera crítica todos los aspectos relacionados con el feminismo: el patriarcado y la manera de estar en el mundo de los hombres, los hitos de la historia del feminismo, los clichés del negacionismo machista, los mensajes que la sociedad envía a las mujeres sobre cómo deben comportarse, cosas que parecen feministas pero no lo son…
|
Chámame señora, pero trátame coma a un señor Nunca crin nesas mulleres de máis de corenta que se comportan coma se acabasen de saír dunha película de Disney. Non soporto as que fan coma quen que non saben de que vai a vida, e as que se sorprenden con todo. [...] Hai actitudes que, a unha certa idade, beirean o ridículo. Especialmente, nunca crin que, aos meus anos, as escritoras poidamos comportarnos coma se aínda puidésemos ser princesas. No fin de contas, diso se trata cando unha pretende algo máis ca escribir poemiñas para conquistar corazóns. |
Manual para incendiar el paraíso. La revolución prohibida de las mujeres |
Resumo da editorial Un manifiesto que pretende establecer un nuevo contrato social entre hombres y mujeres. Porque es imprescindible construir un mundo más igualitario, más justo, más incluyente. Y es imprescindible hacerlo ya. |
Papá, por que non pintas as unllas de cores?, de Jorge García Marín. Resumo: Non se nace home ou muller. Apréndese a ser home ou muller. No caso concreto dos homes, aprendemos a ser, ademais, machos, a desenvolver unha serie de roles e de comportamentos que, a estas alturas do século XXI, convén revisar en detalle. Neste libro, Jorge Marín reflexiona sobre a necesidade de deconstruír esa educación que nos fai homes dende unha nova perspectiva, feminista e integradora.
|
Morder la manzana. La revolución será feminista o no será, de Leticia Dolera Resumo: Este es uno de esos libros esenciales que nacen de la necesidad y de la urgencia. En el, Leticia Dolera cuenta por qué es feminista y por qué todas deberíamos serlo.[...] Este libro es también la historia de mujeres valientes que marcaron el camino y cuyo ejemplo nos ayuda a despertar nuestras conciencias y también a enseñar a las más jóvenes. |
En parte, a lectura foi feita entre alumnado e profesora durante a clase de V. Éticos de 4º da ESO.
E analizamos a situación de violencia descrita pola artista colombiano-canadiana Lido Pimienta no videoclip do seu tema La capacidad, canción do seu álbum La Papessa (2016).
Durante toda a semana, traballamos o tema da violencia contra a muller dende as materias e departamentos que se adheriron á proposta da conmemoración deste día.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Actividade 25N-FQ.pdf | 186.08 KB |
Actividad 25N-LC 3°y4°.pdf | 129.47 KB |
Actividade 25N-LC 2°.pdf | 177.93 KB |
Actividad 25N-LC 1°.pdf | 149.02 KB |
25 Nov Actividade francés-3º.pdf | 120.46 KB |
V éticos 1º-2º 25nov'20.pdf | 175.33 KB |
V éticos 3º-4º 25nov'20.pdf | 206.19 KB |
Actividade 25N-oratoria.pdf | 241.52 KB |
25N 2019: lecturas nos recreos
Lecturas na biblioteca contra a violencia de xénero
O departamento de LG xunto co EDLG organiza para este luns no recreo, unha lectura colectiva de textos reivindicativos en contra da violencia de xénero, ou para ser máis exactos, en contra da violencia contra a muller.
Ás nosas voces uniranse alumnado voluntario, quizais profesores... e contaremos coa colaboración da asociación feminista local Sonlilá.
Animádevos, asistide ao evento... e por que non, participade nel!!
Folleto informativo (colaboración entre a A.L.M. de Carnota e a nosa biblioteca)
|
|
|
|
|
|
Adxunto | Tamaño |
---|---|
25N 1º-2º Worksheet-ENG.pdf | 277.11 KB |
25N 3º-4º Worksheet-ENG.pdf | 308.15 KB |
Cartel 25N2022-gal.pdf | 191.16 KB |
Lectura 25N-LC2º-3º-4º.pdf | 217.31 KB |
Textes traduct 25N-FR1º2º.pdf | 414.85 KB |
Lectura 25N-gal2022.pdf | 352.85 KB |
Lectura 25N-EVCE3º.pdf | 442.52 KB |
25N Aleixo-2022.pdf | 142.96 KB |
25 N-Info Xabi.pdf | 153.2 KB |
Cartel Lectura pública 25N2023.pdf | 231.26 KB |
25N_Carteis P Comp 2ºESO.pdf | 677.88 KB |
Lectura pública 25N-hall.jpg | 144.69 KB |