Información

Resolución definitiva da convocatoria do programa Radio na Biblio para o curso 2024/25

 

 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 4 de novembro de 2024 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de participación no programa Radio na Biblio nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2024/25.
 
 
 

Resolución provisional dos centros admitidos na convocatoria do programa Radio na Biblio para o curso 2024/25

 

 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional de centros admitidos na convocatoria do programa Radio na Biblio nas modalidades de nova incorporación e de continuidade. 
 
 
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións ou renuncia.
 
 
 
 

Convocatoria do programa Radio na biblio para o curso 2024/25

 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 7 de agosto de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se convoca a participación no proxecto Radio na Biblio, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25.
 
O prazo de presentación de solicitudes, será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo.
 
 

Resolución do VI Concurso de Podcasts - Radio na biblio

 

 
 
 
 
 
 O Portal educativo publica a resolución de 14 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, relativa á convocatoria do VI Concurso de Podcasts - Radio na biblio en colaboración coa CRTVG (Radio Galega). A convocatoria estaba destinada a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que traballan a radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas,  dedicado este ano á intelectual, escritora, activista política, cultural e medioambiental, articulista, tradutora, profesora, filóloga e violinista Luísa Villalta; polo que as temáticas dos podcasts, nas oito modalidades, tratan sobre aspectos bio-bibliográficos da autora homenaxeada, especialmente aqueles vinculados á lingua materna, a estimulación da lectura da poesía, o mundo da edición e da tradución, o activismo cultural e medioambiental nos anos 90 a relación entre literatura e música e a muller na literatura galega ou as mulleres nas Letras Galegas.
 
 
Os podcasts seleccionados serán difundidos na páxina web da Radio Galega e na plataforma dixital A Galega Audio https://agalegaaudio.gal/ . Así mesmo, recibirán difusión a través dos medios web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Bibliotecas Escolares de Galicia e outros).
 
 

VI Concurso de Podcasts - Radio na biblio

 

 
 
 
 
 
Portal Educativo publica a convocatoria do VI Concurso de Podcasts - Radio na Biblio. A Dirección Xeral de Innovación e Ordenación Educativa fai publica a Resolución de 22 de marzo de 2024 pola que se convoca o VI  Concurso de Podcasts - Radio na Biblio en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades , integrados ou non no programa Radio na Biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas 2024, dedicado este ano á intelectual, escritora, activista política, cultural e medioambiental, articulista, tradutora, profesora, filóloga e violinista Luísa Villalta; polo que as temáticas dos podcasts, nas oito modalidades previstas, deberán tratar sobre aspectos bio-bibliográficos da autora homenaxeada, especialmente aqueles vinculados á lingua materna, a estimulación da lectura da poesía, o mundo da edición e da tradución, o activismo cultural e medioambiental nos anos 90 a relación entre literatura e música e a muller na literatura galega ou as mulleres nas Letras Galegas.
 
O prazo de presentación remata o 15 de abril de 2024.
 

Resolución definitiva de centros seleccionados no programa Radio na Biblio para o curso 2023/24

 
 

 
 
 
O Portal educativo vén de publicar a resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros seleccionados conforme o disposto no artigo 9 da Resolución do 28 de setembro de 2023 setembro da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no proxecto de RADIO NA BIBLIO, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) para apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación, en espazos creativos e cooperativos no seo das bibliotecas escolares dos centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2023/24. Os 30 centros de nova incorporación recibirán unha asignación económica destinada á posta en marcha da emisora de radio e á realización dun obradoiro de formación para o alumnado. Os 165 centros integrados no programa recibirán asignación para a realización de obradoiros de formación específica para o alumnado.
 

Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria de Radio na Biblio para o curso 2023/24

 
 

 
 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a resolución provisional dos centros seleccionados para o programa Radio na Biblio 2023/24 nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións e renuncias. 
 
 

Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria de Biblioteca Creativa para o curso 2023/24

 

 
 
 
 
 
O Portal educativo vén de publicar a  resolución provisional dos centros seleccionados para o programa Biblioteca Creativa 2023/24 nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións e renuncias. 
 
 
 

Convocatoria de Radio na biblio para o curso 2023/24

 

 
 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 28 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se convoca a participación no proxecto Radio na Biblio, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2023/24.
 
SSeleccionaranse 30 bibliotecas escolares para a súa integración no Proxecto Radio na biblio e os 168 centros integrados xa no programa, deberán solicitar a súa continuidade, se así o deciden.

O prazo de presentación de solicitudes, será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo.
 

Resolución do V Concurso de Podcasts - Radio na biblio

O Portal educativo publica a resolución de 15 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, relativa á convocatoria do V Concurso de Podcasts - Radio na biblio en colaboración coa CRTVG (Radio Galega). A convocatoria estaba destinada a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que traballan a radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano   ao intelectual, escritor, activista político e cultural, articulista, editor e ensaísta Francisco Fernández del Riego.
Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega a través da  páxina do Diario Cultural; así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. 

V Concurso de Podcasts - Radio na biblio

 
 
Portal Educativo publica a convocatoria do V Concurso de Podcasts - Radio na Biblio. A Dirección Xeral de Innovación e Ordenación Educativa fai publica a Resolución de 21 de marzo de 2023 pola que se convoca o V  Concurso de Podcasts - Radio na Biblio en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades , integrados ou non no programa Radio na Biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas 2023, dedicado este ano ao intelectual, escritor, activista político e cultural, articulista, editor e ensaísta Francisco Fernández del Riego, polo que as temáticas dos podcasts, nas catro modalidades previstas, deberán tratar sobre a valoración da lingua materna, reforzar a lectura en galego ou o achegamento ao mundo da edición e da tradución, e da importancia do activismo cultural a partir dos anos 50 do que foi protagonista, entre outros, o autor homenaxeado.
 

O prazo de presentación remata o 28 de abril de 2023.
 
 

Día Mundial da Radio 2023: Radio e Paz

 

 
 
 
 
No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión."  
 
Este ano, o duodécimo Día Mundial da Radio ten como lema: "Radio e Paz"En contextos de tensións afastadas ou inmediatas, os programas pertinentes e os informativos independentes sentan as bases dunha democracia sostible e unha boa gobernanza, ao reunir probas sobre o que está a ocorrer, informar os cidadáns respecto diso en termos imparciais e baseados en feitos, explicar o que está en xogo e mediar no diálogo entre os diferentes grupos da sociedade.
 
Un lema en sintonia co traballo das 167 bibliotecas escolares adscritas ao programa Radio na biblio nos tempos estraños que nos toca enfrontar,  que convida a seguir combatendo a desinformación e a traballar coa alfabetización mediática e informacional nas nosas comunidades educativas. 
 
Imaxe de CEIBE Radio, a emisora da biblioteca escolar do CEIP A Lama.
 
 

Resolución definitiva do Programa Radio na biblio. Curso 2022/23

 

 
 
 
 O Portal Educativo vén de publicar a Resolución definitiva da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa coa relación dos 30 centros que se integran no programa Radio na Biblio no presente curso 2022/23, así como a relación de centros de continuidade (137). En total forman parte deste programa 167 bibliotecas escolares, distribuídas por todo o territorio. galego.
 
 
 
 
 

Resolución provisonal do programa Radio na Biblio. Curso 2022/23

 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa coa relación dos 30 centros que se integran no programa Radio na Biblio no presente curso 2022/23, así como a relación de centros de continuidade (137). En total forman parte deste programa 138 bibliotecas escolares, distribuídas por todo o territorio galego.
 
 

Convocatoria do programa Radio na Biblio para o curso 2022/23

 
 
Portal Educativo vén de publicar a Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de 11 de outubro de 2022, pola que se convoca o programa RADIO NA BIBLIO para o curso 2022/2023. Esta acción, iniciada en 2017, pretende introducir a radio nas bibliotecas escolares e vai destinada aos centros públicos de titularidade da consellería que matriculen alumnado de educación infantil, primaria e secundaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares (agás os incorporados no presente curso).
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de outubro de 2022. 
 

IV Concurso de Podcasts - Radio na Biblio: Seleccionados en las Modalidades III e IV

Estos son os tres podcasts seleccionados na Modalidade III; alumnado de Educación Secundaria, e  na Modalidade IV, alumnado de Bacharelato, ensinanza de Persoas Adultas ou Ciclos Formativos. A selección recoñece a orixinalidade do traballo,  a calidade sonora e de contido e o uso da radio como ferramenta de inclusión. Un percorrido pola vida e obra de Florencio Deglado Gurriarán a través de distintas linguas. 

Domadora de serpes


A neniña brinca á comba nun xardín de algures


Un,

dous,

tres.

Fuxen da retorta serpe

os paxariños dos pes

e as volvoretas das trenzas.

Un,

dous,

tres.

Os paxariños dos pes

fuxen, con medo, da cobra.

A túa gorxa, leda frauta,

fai beilar á serpe tola.

Un,

Dous,

tres.

Fera, alritada, asubía

ao feitizo das túas mans,

e chouta, ergueita, pra darche

tráxica aperte no van.

Un, dous, tres;

un, dous, tres...

Rápida estordega,

mais viras e viras

o corpo de vimio

e á cobra alporizas.

¡Fuxide, paxaros,

que a serpe asubia!

Cantigas na frauta...

¡Apresa, neniña!:

un, dous, tres,

un, dous, tres...
Poema de Florencio Delgado Gurriarán recitado polo alumnado do CEE Saladino Cortizo que cursa o ciclo de tránsito á vida adulta. 

Resolución do IV Concurso de Podcasts - Radio na biblio

 
 
O Portal educativo publica a resolución de 12 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, relativa á convocatoria do IV Concurso de Podcasts - Radio na biblio en colaboración coa CRTVG (Radio Galega). A convocatoria estaba destinada a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que traballan a radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano  a Florencio Delgado Gurriarán, poeta, articulista, editor, tradutor e activista cultural e político no exilio. 
 
Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega a través da  páxina do Diario Cultural; así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
 

IV Concurso de Podcasts - Radio na Biblio

 
Portal Educativo publica a convocatoria do IV Concurso de Podcasts - Radio na Biblio. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca con data de 1 de marzo de 2022 , o  IV  Concurso de Podcasts - Radio na Biblio en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación  e Universidade , integrados ou non no programa Radio na Biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán, poeta, articulista, editor, tradutor, activista cultural e político no exilio. 
 
O prazo de presentación remata o 29 de abril de 2022.
 
 
 

Día Mundial da Radio 2022: A radio e a confianza

 

No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión." 

 

 

Este ano, o undécimo Día Mundial da Radio celébrase co lema: "A radio e a confianza". Os recentes acontecementos mundiais e a pandemia do COVID-19 erosionaron a confianza nos medios en xeral, alimentada pola circulación de contidos falsos que se propagan rapidamente, sobre todo nas redes sociais. Con todo, os estudos demostran que moitos cidadáns seguen outorgando maior confianza á radio que a calquera outro medio. Este nivel de confianza reforza a importancia de ofrecer aos cidadáns contidos informativos precisos e fiables. Os cidadáns esperan unha información  verificable e independente, que se comparta en aras do interese público, que obrigue aos poderosos para render contas e que axude á sociedade para construír un futuro mellor para todos.
 
Un lema en sintonia co traballo das bibliotecas escolares adscritas ao programa Radio na biblio nos tempos estraños que nos toca enfrontar,  que convida a seguir combatendo a desinformación e a traballar coa alfabetización mediática e informacional nas nosas comunidades educativas.
 
Imaxe de "Radio Castelao", a emisora da biblioteca do CEIP Alfonso Daniel Rofríguez Castelao (Navia-Vigo)
 
A Radio nas bibliotecas escolares de Galicia:
 

Resolución da convocatoria do programa Radio na biblio para o curso 2021/2022

 
Portal Educativo publica a Resolución de 26 de novembrode 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se relacionan os 30 centros de nova incorporación ao programa RADIO NA BIBLIO para o curso 2021/2022, unha vez resolta a convocatoria publicada con data de 29 de setembro de 2021. Tamén se detallan os 108 centros integrados en convocatorias anteriores e que solicitaron continuidade. Desta forma, aparecen incluídas no programa un total de 138 bibliotecas escolares, distribuidas por todo o territorio galego, pertencentes a centros de infantil, primaria, ESO, Bacharelato ou Formación Profesional integradas no Plan de mellora de bibliotecas escolares.
 

Convocatoria do programa Radio na biblio para o curso 2021/22

 
Portal Educativo vén de publicar a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 29 de setembro de 2021, pola que se convoca o programa RADIO NA BIBLIO para o curso 2021/2022. Esta acción, iniciada en 2017, pretende introducir a radio nas bibliotecas escolares e vai destinada aos centros públicos de titularidade da consellería que matriculen alumnado de educación infantil, primaria e secundaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares (agás os incorporados no presente curso).
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de outubro de 2021. 
 
 

Resolución do III Concurso de Podcasts - Radio na biblio

 

 

 

 

Portal educativo publica a resolución de 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, relativa á convocatoria do III Concurso de Podcasts - Radio na biblio en colaboración coa CRTVG (Radio Galega). A convocatoria estaba destinada a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que traballan a radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao editora, tradutora, poeta e mestra Xela Arias.

 

Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega a través da  páxina do Diario Cultural; así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

 

 

 

III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio

 
O Portal Educativo publica a convocatoria do III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca con data de 17 de marzo de 2021 , o  III  Concurso de Podcasts - Radio na Biblio en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación  e Universidade , integrados ou non no programa Radio na Biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xela Arias, tradutora, escritora, editora e profesora. O prazo de presentación remata o 26 de abril de 2021.
 
 
 

Día Mundial da Radio: Novo mundo, nova radio

 

 

 

 No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión." 

 

Este ano, o décimo Día Mundial da Radio celébrase co lema: "Novo mundo, nova radio", convidando a reflexionar sobre o su servicio para, entre moitas outras accións, combatir a desinformación e axudar a responder ás necesidades das comunidades e as sociedades. Un lema en sintonia co traballo das bibliotecas escolares adscritas ao programa Radio na biblio nos tempos estraños que nos toca enfrontar.

 

Animamos aos 109 centros do programa Radio na Biblio a  celebrar esta xornada, combatindo a desinformación dende as súas emisoras, continuando coa marabillosa labor de alfabetización mediática informacional que están a facer co seu alumnado e comunidades educativas.

 

Imaxe de "Ceibe Radio", a emisora da biblioteca do CEIP A Lama (Pontevedra)

 

Actividades nas bibliotecas escolares galegas: