Título node Learning object

Correspondentes xuvenís 3.0
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

Servizo de Información Xuvenil, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXXPV), da Consellería de Política Social e Xuventude

Ámbito: solidariedade / voluntariado / empoderamento da xuventude / alfabetización audiovisual e informacional.
Definición: Correspondentes xuvenís é un programa que pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro educativo. Será alumnado que se responsabilice de recoller a información que se lles envíe desde Xuventude, Espazo Xove ou OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do Servizo de información xuvenil e co profesorado participante no programa.
Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:

  1. Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, wahtsapp, podcast...
  2. Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro
  3. Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.
  4. Participar nas sesións de formacións e/ou intercambio de experiencias que se porpoñan dende a DXXPV.
  5. Elaborar un podcast propio de correspondentes xuvenís. Durante o curso, os centros deberán traballar o contido do que se nutra o podcast. Posteriormente, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado revisarao e subirao.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 4. Educación de calidade

Temporización: curso completo.
Alumnado ao que vai dirixido: ESO, bacharelato, ciclos de formación profesional de grao básico, medio ou superior, ensinanzas de réxime especial
Límite de centros participantes: sen límite

Criterios de selección:
    • Calidade do proxecto presentado

Responsables do programa:

Nome: Jaime Díaz Fiuza
Departamento: Servizo de Información Xuvenil
Teléfono: 881 997 606
Correo electrónico: informacion.xuventude@xunta.gal

Nome: Antía Loureiro Carbia
Departamento: Servizo de Información Xuvenil
Teléfono: 881 997 602
Correo electrónico: informacion.xuventude@xunta.gal


Xustificación

Correspondentes Xuvenís naceu coa motivación de estreitar a distancia existente entre a Administración e a xuventude. Trátase de que as iniciativas e actividades que se promoven dende a administración cheguen mellor ao seu público potencial, así como recoller de volta as ideas e valoracións que a mocidade teña da administración. Este obxectivo recóllese na Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia.

Obxectivo

Facilitarlle á mocidade o acceso aos programas e actividades da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, descentralizando así a información aos centros educativos mediante a colaboración do alumnado na difusión dos programas mencionados. Ademais, no programa inclúese formación dirixida ao alumnado participante para mellorar a súa destreza con tecnoloxías da información, coa creación de contidos e coas dinámicas do programa.

Desenvolvemento das competencias clave

    • Competencia en comunicación lingüística
    • Competencia dixitais
    • Competencias sociais e cívicas
    • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
    • Competencia en conciencia e expresións culturais

Actividades

  •    Propostas de actividades:
    • Creación de canles de información (dixitais e/ou físicas).
    • Programar tarefas de análise de información e difusión de contidos de interese.
    • Programar actividades de manexo de ferramentas dixitais relacionadas coa información.
  •   Encontro de convivencia e formacións:

A DXXPV manterá co alumnado e profesorado participantes unha sesión de formación e acompañamento en cada trimestre. As datas destas sesións serán acordadas cos centros a principio de curso e celebraranse en cada instituto. O obxectivo é que o alumando e profesorado participantes teñan un seguimento por parte da DXXPV e recollan propostas e consellos de como traballar e difundir a información, así como trasladen á DXXPV as suxestións e ideas que teñan a ben.

Para formar o alumnado nas destrezas que se aplican neste programa, a DXXPV organizará encontros provinciais no segundo trimestre. Servirán para recibiren formación nas materias que se poñen en xogo no programa, así como para facer valoración do traballo feito nos meses pasados e na proxección que se faga do que reste de curso.

Todos os anos a DXXPV organiza un encontro de correspondentes xuvenís a final de curso. Adoita consistir nunha fin de semana de convivencia nun albergue xuvenil dependente da Xunta, con formacións en materia de ferramentas dixitais e difusión de información e con actividades lúdicas.

Recursos

Na nosa web (xuventude.xunta.es), no apartado de Correspondentes Xuvenís, imos colgando todos os materiais que nos envían os correspondentes. Nas redes sociais da DXXPV (@xuventudegalicia) difúndense todas as convocatorias e programas deste departamento. Nas redes sociais xestionadas por correspondentes xuvenís ou universitarios publícase información de interese para o resto de correspondentes. Nas canles de comunicación dos departamentos de cultura e/ou xuventude dos concellos e deputacións galegos publícase información susceptible de ser traballada e difundida polos correspondentes.

Produto final:

Para finalizar o proxecto terase que presentar un produto final en formato libre (exposición, vídeo, presentación, curtametraxe, cartel, campaña, nova canle de información etc.).

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta+

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos do programa

4. Elaboración de produtos orixinais e innovadores que consigan difundir mellor a información xuvenil.

5. Comunicación co Servizo de Información Xuvenil para recoller información e enviar propostas de cambio e mellora.

6. Participación activa no Encontro anual de Correspondentes Xuvenís.

 

Selección de boas prácticas:

    • IES Saturnino Montojo (ligazón)
    • IES do Barral (ligazón)

Menús Learning object node R

Sección