Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade. Secretaría Xeral de Igualdade
- Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade.
Ámbito: igualdade/ educación emocional
Definición:
O programa Donas de si consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa visibilización e empoderamento das mulleres como pezas fundamentais do desenvolvemento da sociedade galega e como punto de partida para traballar na aula a igualdade e os estereotipos de xénero.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030 :
- ODS 5 Igualdade de xénero
- ODS 4 Educación de calidade
- ODS 10 Redución das desigualdades
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO, bacharelato.
Límite de centros participantes: 75
Criterios de selección:
Priorizarase a selección dos distintos colectivos:
- Centros públicos
- Non ter participado en anos anteriores.
- Centros que desenvolvan algunha outra acción con temática de igualdade (empoderamento, visibilidade de mulleres, rachar cos estereotipos, novas masculinidades, conciliación e corresponsabilidade...)
- Grao de innovación proposto no proxecto.
Responsables do programa:
Nome: Sonia Balado Segade
Departamento: Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade
Teléfono: 981 95 76 88 / 981 54 73 97
Correo electrónico: sonia.balado.segade@xunta.gal
Xustificación
Logo do camiño na loita pola igualdade de dereitos entre os homes e as mulleres na sociedade do século XIX, cómpre afondar neste empeño recoñecendo os valores e as achegas das mulleres á innovación cultural, científica e intelectual e situalas nos contextos que lles tocou vivir. Para esta tarefa é esencial descubrir aspectos esquecidos e que nos axuden a comprender máis profundamente o que significaron.
Obxectivo xeral
- Fomentar o empoderamento das mulleres e a deconstrución dos estereotipos de xénero como peza fundamental do desenvolvemento da sociedade galega.
Obxectivos específicos:
- Visibilizar e pór en valor a participación e a produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea.
- Recoñecer o papel político, social, artístico, científico e cultural das mulleres e superar a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.
Palabras clave:
- Competencias sociais e cívicas
Outras: coeducación: Educación para a igualdade entre os dous sexos. Empoderamento: coñecemento, divulgación e análise de mulleres ocultadas e esquecidas na historia. Muller e ciencia: Orientación vital e preofesional libre de estereotipos
Metodoloxía e temporización
Búscase a aplicación dunha metodoloxía activa, un proceso de aprendizaxe interactivo baseado na comunicación do/a estudante co profesorado, co material didáctico, co medio e co resto de alumnado.
Os concursos de carteis terán lugar no primeiro e segundo trimestre, as outras actividades poderán ser ao longo de todo o curso
Actividades e recursos
O traballo dos centros neste programa pódese dirixir a cosntruír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia mediante:
- o coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na historia
- o coñecemento e divulgación de mulleres relevantes na actualidade
- o coñecemento e divulgación do labor das mulleres do contorno do alumnado
Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:
- Formación en liña para o profesorado. A formación ten carácter voluntario. O profesorado participante no programa Donas de Si terá preferencia no proceso de selección dos cursos ofrecidos pola Secretaría Xeral de Igualdade na Plataforma de Teleformación de Galicia (PLATEGA).
- Contacontos pola igualdade: Obradoiro para infantil e primaria que ofrece a Secretaría Xeral da Igualdade para que visibilice a mulleres galegas esquecidas e pouco coñecidas como referentes femininas.
- Exposicións de préstamo para os centros de ensino:
• “Elas escribiron a historia. Primeiras xornalistas”
• “Mulleres científicas galardoadas co Premio Mª Josefa Woneneburger Planells”
- Concursos: concurso de carteis do 8 de marzo e concurso de vídeos, lemas e carteis do 25 de novembro
Para o desenvolvemento dos proxectos, os centros educativos contarán cos seguintes recursos:
-
Material didáctico: poderase utilizar o material didáctico elaborado pola Secretaría Xeral de Igualdade e dispoñible no portal web da Secretaría Xeral da Igualdade: http://igualdade.xunta.gal/gl/content/recursos-didacticos
- Unidades didácticas:
- "María Wonenburger. Unha científica adiantada ao seu tempo".
- "Concepción Arenal. A visitadora de cárceres".
- "A escaleira desigual. A condesa rebelde". Sobre Emilia Pardo Bazán.
-
Guías coeducativas:
- "Guía coeduactiva para os centros escolares de Galicia". Pretende dar pautas para educar en igualdade ao alumnado de todas as etapas educativas, achegando exemplos, conceptos e actividades.
- "Guía de literatura infantil e xuvenil para a Igualdade".Pretende amosarlle á infancia e á rapazada unha visión máis actual e igualitaria da sociedade a través da literatura, que lles permita mirar o mundo cunha mirada crítica dende o punto de vista do xénero e ver as desisgualdades e as discriminacións entre mulleres e homes.
- “Aprende coas Mulleres Galegas” da Secretaría Xeral da Igualdade. Preténdese achegar ó alumnado de Primaria unha serie de actividades e de biografías para coñecer e afondar na vida das mulleres galegas, moitas delas descoñecidas, e que son refentes nos seu eidos.
- "Coñecendo as nosas deportistas" da Secretaría Xeral da Igualdade. Preténdese achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.
- “Os bolechas pola Igualdade”. Material didáctico elaborado pola Secretaría Xeral da Igualdade para promocionar a igualdade entre as nenas e nenos no ámbito educativo e familiar. Este material está composto polo libro dos Bolechas pola Igualdade, unidade didáctica para traballar nas aulas e cadernos de actividades para promocionar a igualdade no ámbito educativo e familiar.
- “Xoguetes para a Igualdade - Os Bolechas”. Campaña dos Bolechas: "Xoguetes para a Igualdade. Xogamos iguais. Os xoguetes non teñen sexo”. A finalidade desta campaña é sensibilizar sobre o contido sexista e violento de moitos xogos e xoguetes, e loitar contra os estereotipos de xénero.
- Unidades didácticas:
- Unidades didácticas sobre a historia do Feminismo para ESO e Bacharelato.
- Dicionario sobre coeducación: ligazón
- .https://www.educatolerancia.com/wp-content/uploads/2016/12/DiccionarioONLINE_DE_COEDUCACION-_pdf.pdf
Produto final
Os centros deberán presentar xunto coa memoria final un producto final de formato libre que permita constatar o desenvolvemento do proxecto, onde amosen todos os materias elaborados, talleres e actividades realizadas co alumnado durante o curso en relación ao programa: unha presentación, unha páxina web, un blog...
Criterios de avaliación da memorias final
Criterios xerais do Plan Proxecta+
1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto
Criterios específicos
4. Uso efectivo e eficaz da unidade didáctica e demais recursos postos ao dispor dos centros pola Secretaría Xeral da Igualdade.
5. Calidade técnica no deseño, desenvolvemento e avaliación do proxecto.
6. Grao do valor que se lle dá á consideración da educación para a igualdade entre mulleres e homes como elemento organizador dos procesos de ensino-aprendizaxe.