Título node Learning object
Ficha técnica
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Secretaría Xeral da Igualdade-Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero
Ámbito: igualdade de xénero
Definición: o programa consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030:
- ODS 5. Igualdade de xénero
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: ESO, bacharelato, FP e adultos
Límite de centros participantes: 50
Criterios de participación:
A participación está aberta a persoal docente e alumnado matriculado en Galicia en ESO, bacharelato, FP e adultos durante o ano académico 2024/2025.
Criterios de selección:
Priorizarase a selección dos distintos colectivos:
- Centros públicos.
- Centros que non participasen neste programa con anterioridade.
Completarase a selección cos seguintes criterios:
- Representación equitativa das catro provincias.
- Orde de presentación da solicitude a través da aplicación informática.
Responsable do programa:
Nome: Begoña Sieiro Negro
Departamento: Secretaría Xeral de Igualdade
Teléfono: 981 957 784
Correo electrónico: begona.sieiro.negro@xunta.es
Nome: Mónica Silva Canabal
Departamento: Secretaría Xeral de Igualdade
Teléfono: 981 545 364
Correo electrónico: monica.silva.canabal@xunta.gal
Xustificación
Nos últimos anos, detéctanse moitos casos de relacións de parella entre adolescentes e xente moi nova cunha forte carga de violencia verbal e incluso física. Ademais, estudos recentes como o realizado polo Ministerio de Igualdade e a Universidade Complutense de Madrid amosan que entre a poboación máis nova aínda persisten ideas cargadas de sexismo e que xustifican a violencia.
Polo tanto é necesario intervir coa poboación máis nova para previr a violencia de xénero e a escola é o medio ideal para acceder a esa poboación xuvenil e poder introducir valores igualitarios e libres de estereotipos sexistas, así como para facilitarlles pautas para a detección precoz desas situación de violencia de xénero.
Obxectivo xeral:
O programa "Por 365 días de respecto e igualdade: prevención da violencia de xénero no ámbito educativo", ten como obxectivo principal porporcionarlles ás mozas e aos mozos galegos, dende a escola, formación e ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres, e actuar na súa prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, o que permitirá traballar na eliminación de esterotipos sexistas e de falsas crenzas.
O programa é un dobre convite para o profesorado: por un lado para reflexionar en primeira persoa sobre a violencia de xénero, e en segundo lugar, para compartilo co seu alumnado a través das actividades propostas.
As actividades teñen como primeiro obxectivo proporcionarlle ao profesorado recursos que dun xeito sinxelo lles facilite coñecer de primeira man que pensan e senten as súas alumnas e os seus alumnos e como o expresan. Abordar a violencia cara ás mulleres pode facerse dende diferentes perspectivas, pero se o que queremos é previr esta violencia, é fundamental indagar nas súas causas e facer ver que a violencia de xénero está profundamente ligada a un xeito de entender as relacións baseado en mitos, falsas crenzas, malas maneiras de entender o que é un home ou o que é unha muller e o que é unha relación amorosa.
Por isto nalgunhas actividades propostas nas unidades didácticas de apoio que se poñen ao dispor do profesorado suxírese invitalos a pensar acerca das infinitas maneiras de ser home e de ser muller, de relacionarse preguntando e contestando ao propio desexo, indagando no que significa ser libres.
Obxectivos específicos
Desenvolvemento das competencias clave
- Competencia en comunicación lingüística
- Competencia en aprender a aprender
- Competencias sociais e cívicas
- Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
Palabras clave:
Metodoloxía e temporización
A temporalización abarcará todo o curso escolar.
Actividades e recursos
Entre as actividades do programa previstas recóllense as seguintes:
-
Formación para o profesorado: ten carácter voluntario; o profesorado participante terá preferencia no proceso de selección do curso ofrecido por Igualdade a través de PLATEGA:
Referencia: Abordaxe da violencia de xénero dende o ámbito educativo
Modalidade: en rede (Platega)
Temporización: 2º trimestre
Prazas: 50
Horas: 30
-
Actividades ofertadas (segundo dispoñibilidade)
-
Exposición “Cartas de Amor”: exposición gráfica de ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade.
-
“Á Violencia de Xénero...Dille Non!”, exposición gráfica ilustrada, dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións
-
Exposición fotográfica “Express-Arte”, unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte. Creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero e impulsado pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL)
-
- “Algo entre Nos”- Plataforma interactiva centrada na prevención da violencia machista no contexto das relacións de adolescentes. Trátase dun programa que facilita que o profesorado de secundaria dinamice cinco sesións de aula onde o alumnado terá que enfrontarse e superar cinco retos. Está dirixida a alumnado de 1º e 2º da ESO. Será acompañado en todo o proceso por unha equipa profesional.www.algoentrenos.gal
-
Obradoiro sobre “Violencia de xénero e o novo contexto dixital", centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión.
-
Charla informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual, a cargo de persoal especializado.
-
Charla sobre o tratamento da violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais, a cargo de persoal especializado.
-
Espectáculo teatral sobre violencia de xénero.
-
-
Material didáctico: o programa pon ao dispor do alumnado e mais do profesorado unidades didácticas e materiais de apoio (exposicións, cartelería....), que están accesibles a través da web: http://igualdade.xunta.es/
-
Maleta viaxeira: o CAFI e os distintos CFR dispoñen dun servizo de préstamo para emprestar un recurso bibliográfico con publicacións de interese para traballar a violencia de xénero. Pódese consultar a nova publicaca no Boletín Informativo para obter máis información.
-
Web de referencia: http://igualdade.xunta.gal/gl
Criterios de avaliación da memorias final
Criterios xerais do Plan Proxecta
1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3 Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
Criterios específicos
1. Uso efectivo e eficaz da unidade didáctica e demais recursos postos a disposición dos centros pola Secretaría Xeral da Igualdade.
2. Calidade técnica no deseño, desenvolvemento e avaliación do proxecto.
3. Grao do valor que se lle dá á consideración da educación para a igualdade entre mulleres e homes como elemento organizador dos procesos de ensino-aprendizaxe.