Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
- Dirección Xeral de Xuventude
Ámbito: solidariedade / voluntariado
Definición: programa dirixido ao fomento da acción voluntaria, ao coñecemento e a adquisición de habilidades por parte do alumnado participante que impliquen un compromiso coa realidade social coa que conviven e coas entidades que teñen mais preto implicadas na mellora social comunitaria.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030:
- ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
- ODS 12. Produción e consumo responsables
Temporización: curso completo.
Alumnado ao que vai dirixido: ESO, bacharelato e FP
Límite de centros participantes: 10
Criterios de selección:
- Ter participado con anterioridade con memoria final avaliada positivamente.
- Idoneidade e calidade do proxecto.
- Grao de implicación do claustro.
- Grao de implicación da comunidade educativa.
Criterios de exclusión:
- Centros avaliados negativamente en convocatorias anteriores.
Responsable do programa:
Nome: Pilar Martínez Sánchez
Departamento: Xefatura de Servizo de Voluntariado e Participación
Teléfono: 981 957 916
Correo electrónico: pilar.martinez.sanchez@xunta.gal
Obxectivos
O programa busca promover a adquisición de diversas competencias a través de proxectos de acción voluntaria cun impacto na sua contorna e na dinámica educativa do centro.
Cada centro, a partir do seu proxecto, realiza unha diagnose da realidade que o rodea e que tipo de necesidades pode dar resposta: abordar necesidades básicas para a subsistencia das familias (roupa, alimentación...), necesidades de mellora da convivencia no centro, mellora de espazos naturais próximos, necesidades de comunicación e relación de persoas maiores ... poden ser algunhas das necesidades que se detectan a partir destes proxectos.
O programa promove valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa, favorecendo que o alumnado se comprometa coa acción voluntaria a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo sobre o terreo e o achegue, tanto física como intelectualmente, a unha entidade de voluntariado. As accións levaranse a cabo a través dun sistema de conexións entre todos os centros que formen parte da rede.
Preténdese deste xeito establecer vínculos entre as organizacións sociais e os centros educativos, e amosar que o alumnado, xa desde a escola ou o instituto, ten interese en aportar un servizo valioso e necesario á sociedade. A experiencia destes proxectos de voluntariado poderían plasmarse a través de medios escritos e gráficos que constituirían verdadeiros referentes e modelos de resultados solidarios, así como exemplos de boas prácticas (blogs, webs, microblogs, xornais en rede...).
Desenvolvemento das competencias clave
- Competencias sociais e cívicas
- Competencia en comunicación lingüística
- Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
- Competencia dixital
- Competencia en aprender a aprender
- Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
- Competencia en conciencia e expresións culturais
Actividades
• Apoio ao profesorado: todos os centros participantes terán asistencia en liña e telefónica para o asesoramento no desempeño dos seus proxectos solidarios e para facilitar a consecución dos obxectivos e reforzar o rol facilitador das profesoras e profesores.
• Formación: de ser preciso un apoio formativo, habilitarase un curso de formación en materia de voluntariado educativo a través da Plataforma de teleformación de voluntariado galego da Xunta de Galicia.
• Proposta de actividades:
Ofrecerase aos centros a posibilidade de celebrar unha actividade virtual conmemorando o Día Internacional do Voluntariado (5 de decembro).
Fomentarase a participación dos centros nas actividades que desenvolva a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco da conmemoración do Día internacional do Voluntariado (5 de decembro).
Recursos
- Materiais de referencia: biblioteca de voluntariado de España
- Ligazóns de interese:
- Páxina web de referencia: voluntariado galego
- Plataforma teleformación Voluntariado Galego: ligazón.
Produto final
O proxecto que ten carácter aberto rematará coa posibilidade de realizar un encontro final do alumnado para compartir as experiencias solidarias entre eles ou de enviar un vídeo, exposición ou presentación a elección do centro docente a través da web de voluntariado.
Criterios de avaliación da memoria final
Criterios xerais do Plan Proxecta
1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto
Criterios específicos
4. Introducción de ferramentas transformadoras dos proxectos solidarios de cada centro educativo.
5. Integración de estruturas organizativas solidarias nas dinámicas dos centros.
6. Nivel de asunción de responsabilidades (participación activa e empoderamento) do alumnado no deseño, execución, avaliación e comunicación dos proxectos solidarios.