Título node Learning object

Clases sen fume
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Sanidade
    • Dirección Xeral de Saúde Pública

Ámbito: hábitos saudables / prevención de conditas aditivas / educación emocional
Definición: este programa é un concurso educativo para a prevención do inicio do consumo do tabaco, dirixido aos escolares de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco. Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante polo menos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza a recompensa - premio como incentivo. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que terán que traballar a elaboración dun slogan (1º trimestre) e unha actividade creativa (2º trimestre), ademais de traballar as unidades didácticas facilitadas polo programa.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 17. Alianzas para acadar os obxectivos

Temporización: medio curso
Alumnado ao que vai dirixido: 1º e 2º da ESO (a participación debe ser de todo o alumnado da aula)
Límite de centros participantes: sen límite
Criterios de selección:

  • Calidade do proxecto presentado

Responsable do programa:

Nome: Mª Jesús García Blanco
Departamento: Sevizo de Prevención de Condutas Aditivas (Dirección Xeral de Saúde Pública)
Teléfono: 881 542 920
Correo electrónico: maria.jesus.garcia.blanco@sergas.es


Xustificación

Este proxecto naceu no 2002 no marco do Programa Galego de Promoción Dunha Vida sen Tabaco da Dirección Xeral de Saúde Pública, co fin de previr o inicio do consumo de tabaco o no seu defecto atrasalo. Sendo o compromiso individual e colectivo de non fumar o eixe principal do proxecto e utilizando as actividades obrigatorias como vehículo para o descubrimento por parte dos escolares e dunha forma lúdica, da obtención dos beneficios do no inicio ao consumo de tabaco, e tamén adquirir os coñecementos dos riscos para a saúde de fumar e da exposición pasiva ao fume de tabaco, utilizando os premios como recompensa ao esforzo e ao cumprimento dos compromisos.

Obxectivos

  • Evitar o inicio do consumo de tabaco nos mozos e mozas galegos.
  • Atrasar a idade de inicio.
  • Reconducir se xa existen os consumos puntuais.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
  • Competencia en conciencia e expresións culturais

Actividades

Actividades obrigatorias:

  • Concurso "Clases sen fume":
  1. Durante todo o programa: todos os escolares da aula e o seu titor/a comprométense a non fumar durante os 6 meses que dura o concurso. Antes do inicio todos os participantes manifestan o seu consumo tabáquico.
  2. 1º trimestre: elaboración dun slogan (actividade do 1º trimestre), que consistirá nun lema orixinal e positivo acompañado dunha representación gráfica, sobre a prevención do tabaquismo preferentemente dirixido a convencer á mocidade para non comezar a fumar, cada clase enviará un que a representará e que optará ao premio ao mellor slogan, elixido polo xurado do concurso.
  3. 2º trimestre: elaboración dunha actividade creativa (actividade do 2º trimestre) en relación coa prevención do tabaquismo, nalgunhas das seguintes modalidades: deseño de materiais multimedia, anuncio publicitario, canción con baile, obra de teatro, xogos, revista xuvenil, periódico, cómic ou conto. Será tamén unha por clase, e para optar ao premio á mellor , o xurado valorará ademais do contido o tempo dedicado á súa elaboración e a implicación de toda a aula, asi como a divulgación do mensaxe central no centro educativo.

Proposta de actividades:

  • Formación: se houbese, a formación en tabaco e outras adiccións ofertarase a través dos canais formativos da Consellería de Educación.
  • Asistencia e charlas: o seguimento presencial ou telemático do programa é levado a cabo polos departamentos territoriais, os técnicos/as van aos centros educativos participantes e supervisan as actividades realizadas nas aulas, resolven as dúbidas que lles formulen, danlles unha charla informativa con contido preventivo aos escolares e comproban a abstinencia tabáquica.

Recursos

Produto final

Como produto final, as aulas participantes deberán entregar un slogan e unha actividade creativa.

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4.Cumprimento de todos os compromisos do proxecto (non fumar toda a clase, enviar as actividades obrigatorias nas datas propostas polo programa e seguindo os criterios expostas nelas.

5.Difusión e publicitación dos coñecementos adquiridos ao resto dos escolares, favorecendo a formación entre iguais, sendo os participantes os transmisores de hábitos de vida saudable e promotores de saúde.

6. Extensión e implicación dos fogares e outros ámbitos sociais no proxecto.

Menús Learning object node R