Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
-
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático Augas de Galicia.
Ámbito: medio ambiente
Definición:
Divulgación dos valores e conservación dos ecosistemas fluviais.
Proxecto Ríos nace en Galicia no ano 2005 coordinado por ADEGA, cos propósitos de divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030
-
ODS 6. Auga limpa e saneamento
-
ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
-
ODS 12. Produción e consumo responsable
-
ODC 13. Acción polo clima
-
ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO, bacharelato, FP e adultos
Límite de centros participantes: 25
Criterios de participación: O centros participantes terán que asinar a folla de compromiso para o uso dos materiais do Proxecto Ríos.
Responsable do programa:
Nome: Ramsés Pérez Rodríguez (Pedagogo)
Departamento: Coordinador de Educación Ambiental ADEGA
Teléfono: 616 23 80 50
Correo electrónico: ramses@adega.gal
Nomes: Paco Bañobre González (Biólogo)
Departamento: Coordinador de Grupos do Proxecto Ríos
Teléfono: 627 62 81 94
Correo electrónico: pacobanhobre@adega.gal
Obxectivo xeral
-Achegar a comunidade educativa aos ecosistemas fluviais
Obxectivos específicos:
-Fomentar a participación cidadá
-Divulgar o patrimonio natural e cultural dos ecosistemas fluviais
-Difundir as problemáticas dos ecosistemas fluviais e fomento de solucións
-Promover a custodia fluvial
-Difundir a ciencia cidadá
Palabras clave
Medio ambiente,patrimonio cultural, ciencia cidadá, participación.
Metodoloxía e temporización
1.- Inscrición no Proxecto Ríos. Asignación dun treito de río (cada grupo participante terá que escoller un treito de río de como mínimo 500m).
2.- Envío do material
3.- Saída ao río
A finalidade do Proxecto Ríos é achegar a cidadanía aos ecosistemas fluviais.
No referido aos centro de ensinanza preténdese que o alumnado desenvolva, de xeito interdisciplinario, competencias en investigación medioambiental e patrimonial mediante a observación directa, a participación e a investigación do río próximo ao centro escolar.
Materias relacionadas: TODAS
Se ben, o Proxecto Ríos, resulta acaído para traballar o currículo do alumnado en temas medioambientais e das ciencias da Terra, e promover a investigación na escola, dende ADEGA pretendemos desenvolver outras actividades ao redor do ecosistema fluvial como é Ríos de lingua e cultura, no que se pretende fomentar o estudo e a investigación de todo aquel patrimonio etnográfico e cultural asociado aos nosos ríos.
Desenvolvemento das competencias clave
-
Competencias sociais e cívicas
-
Competencia en comunicación lingüística
-
Comunicación lingüística
-
Conciencia e expresións culturais
-
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
-
Competencia dixital
-
Competencia de aprender a aprender
Actividades e recursos
Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:
-
Formación:
A formación das persoas que participan no Proxecto Ríos é unha prioridade ao entender que as persoas que van a saír ao río deben estar capacitadas para desenvolver a súa tarefa.
Realízanse dous cursos de formación ao ano, un na campaña de primavera do Proxecto Ríos e outro na de outono. Estes teñen como finalidade fornecer aos participantes dos coñecementos básicos na identificación de macroinvertebrados, especies indispensábeis nas inspeccións de río. Nestes cursos tamén se tratan outras temáticas relacionados cos ecosistemas fluviais.
-
Saídas formativas:
As saídas formativas son sesións de traballo teórico e práctico que se desenvolven a pé de río con aqueles grupos que se inscribiron no Proxecto Ríos. As saídas formativas adóitanse facer cun ou varios grupos dunha mesma bacía, sempre cun máximo de 25 persoas.
Nelas, a finalidade, é realizar unha inspección guiada por unha educadora ambiental do Proxecto Ríos seguindo o manual e resolvendo aquelas dúbidas que poidan ter sobre a metodoloxía de inspección e o seu desenvolvemento.
-
Web de referencia: www.proxectorios.org
-
Limpezas de río:
Como acción directa sobre o río, aqueles centros que o desexen poden participar na Limpeza simultánea de ríos que se celebra na última semana do mes de setembro. Aínda que a Limpeza simultánea de ríos se realiza na fin de semana, durante a semana previa os centros de ensino poden xa realizar esta acción. A finalidade desta actividade, non é tanto, recoller a maior cantidade de lixo posible do río, como explicar como realizar unha Limpeza de río, sen que esta teña un impacto no medio fluvial, prestando especial atención a data na que se debe de facer, que residuos retirar, permisos, etc. motivo polo que se editou un Protocolo para a Limpeza ecolóxica de ríos.
-
Materiais:
Aqueles grupos que participen no Proxecto Ríos entregaráselles o seguinte material específico para o desenvolvemento das actividades de inspección de río.
O material gratuíto para os grupos consta de:
1. Fichas de identificación de flora e fauna (13 fichas)
2. Manual de Inspección Básica de Río.
3. Reactivos químicos para a análise da calidade da auga (pH, Nitratos, Oxíseno)
Se ben, o ideal é que cada grupo participante se faga co material preciso para realizar as inspeccións de río, ADEGA ofrece a posibilidade de solicitar, en préstamo, unha mochila co material completo para a realización das inspeccións: disco de Secchi, termómetro, pinzas, lupas, bandexas, trueiro, botas, cinta métrica e placas de Petri.
Criterios de avaliación da memoria final
Criterios xerais do Plan Proxecta
1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
Criterios específicos
-
Participación dos centros de ensino nas actividades formativas programadas dende a coordinación do proxecto.
-
Realización das actividades obrigatorias (dúas inspeccións anuais), rigorosidade na toma dos datos e o seu envío á coordinación do proxecto.
-
Dar un dos índices de calidade asignados aos ecosistemas fluviais:
Moi bo, Bo, Moderado, Deficiente, Moi Deficiente.
-
Promover cando menos unha Acción/Proposta de mellora para solucionar os problemas atopados no ecosistema fluvial e/ou Accións de restauración do patrimonio natural e cultural do río.
-
Elaborar algún “produto” (video, tríptico, cartel, etc.) que divulgue os valores do río e promova accións de mellora.