Título node Learning object

Recíclate con Sogama
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
  • Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA, S.A.)

Ámbito: medio ambiente / desenvolvemento sostible / consumo responsable
Definición: Programa de educación ambiental que ten por obxecto instaurar nos centros a xestión sostible dos residuos municipais a través da aplicación práctica do principio europeo dos tres erres, isto é, redución, reutilización e reciclaxe. Con tal fin, os centros, coa axuda de Sogama, levarán a cabo as accións necesarias para que a correcta xestión dos refugallos sexa unha realidade nas aulas e que as boas prácticas se trasladen á contorna familiar e social do alumnado.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 12. Produción e consumo responsable
  • ODS 13. Acción polo clima

Temporización: curso completo

Alumnado ao que vai dirixido: Educación Primaria, ESO e Formación Profesional Básica
Límite de centros participantes: 25 

Límite de docentes participantes por centro: 7 como máximo

Límite de alumnado participante por centro: 180 como máximo

Criterios de participación: os centros candidatos deben pertencer a algún dos 295 concellos adscritos ao sistema Sogama.
Criterios de selección (por orde):

  1. Non ter participado en edicións anteriores do programa “Recíclate con Sogama”.
  2. Ter presentado unha candidatura que se axuste aos obxectivos do programa e que sexa de calidade.
  3. No caso de que haxa máis de 25 centros candidatos que dean cumprimento aos dous requisitos anteriores, a selección farase por orde de solicitude.

Responsable do programa:

Nome: Mª Esther Campos Mosquera
Departamento: Responsable de Comunicación de SOGAMA
Teléfono: 981698500. Ext. 211
Correo electrónico: teric@sogama.es; comunicacion@sogama.es


Xustificación

Recíclate con Sogama comenzou a súa andaina no Plan Proxecta a principio do curso académico 2012/2013. O seu obxectivo é formar á comunidade educativa na práctica dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), e concienzala para loitar contra a contaminación ambiental a través da xestión sostible do lixo.

Este programa enmárcase na estratexia de educación ambiental promovida por Sogama.

Obxectivos xeral

Implantar nos centros a xestión sostible dos residuos municipais a través de prácticas vinculadas á redución da produción, á reutilización e á reciclaxe, previa segregación dos mesmos por tipos de material e posterior nos contedores correspondentes para garantir a súa posterior reciclaxe.

Obxectivos específicos

  • Que a comunidade educativa tome conciencia da problemática que, a día de hoxe, representa a elevada produción de lixo e o papel que debe desempeñar o cidadán para facer fronte á mesma.
  • Que comprenda e aplique cada día a estratexia dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) como primeiro elo na correcta xestión sostible dos residuos urbanos.
  • Que interiorice a importancia do labor individual e colectivo na xestión sostible do lixo para facer fronte ao cambio climático
  • Que profesorado e alumnado desenvolvan tamén unha tarefa pedagóxica na súa contorna familiar e social máis inmediata para que cada vez sexamos máis os cidadáns comprometidos cos tres erres e, por ende, coa protección do medio ambiente.
  • Coñecer o cometido de Sogama en Galicia desde a súa dimensión industrial, ambiental e educativa e social.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Metodoloxía e temporiazación

Actividades obrigatorias:

1º trimestre:

  • Diagnóstico inicial, por parte do persoal de Sogama, da experiencia de cada centro na educación ambiental, e na xestión sostible do lixo en particular, a través de entrevistas cos docentes coordinadores e/ou directores/as, recabando datos de interese para o programa.
  • Envío, aos centros participantes, dos medios materiais e didácticos proporcionados por Sogama

2º trimestre:

  • Formación do alumnado a través de sesións presenciais e/ou virtuais impartidas por educadores de Sogama en cada centro.
  • Visita de seguimento aos centros para comprobar a evolución dos proxectos, prestar asesoramento e resolver dúbidas.
  • Convocatoria do concurso de elaboración de carteis promocionais da reciclaxe.

3º trimestre:

  •  Nova visita de seguimiento aos centros, que será aproveitada para efectuar unha caracterización dos residuos depositados en cada un dos contedores de recollida selectiva proporcionados por Sogama para comprobar a calidade do material e medir así o grao de acerto ou erro

Actividades e recursos

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

  • Formación: sesións formativas presenciais e/ou virtuais, xogos

  • Web de referencia: www.sogama.gal; www.cadernoverde.gal

  • Medios materiais: contedores para a recollida selectiva de residuos (catro con capacidad para 120 litros cada un -amarelo, para envases de plástico, latas e briks; azul, para papel e cartón; marrón, para a materia orgánica; e xenérico, para a fracción resto- que conformarán as illas de reciclaxe a implantar en cada centro.

  • Medios didácticos e divulgativos: unidades didácticas, vídeos, titoriais para o profesorado, presentacións, folletos en liña

  • Concurso para a elaboración, por cada centro participante, dun cartel promocional da reciclaxe.

  • Visitas de seguimento presenciais por parte de persoal ao servizo de Sogama.

  • Caracterizacións dos contedores para comprobar o nivel de acerto ou erro no depósito de residuos nos mesmos

Produto final

O produto final esixido será un vídeo, de non máis de 2 minutos de duración, no que se resuma o traballo realizado polo centro durante o curso académico.

Criterios de avaliación da memorias final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación

activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Implicación, receptividade e colaboración do centro (coordinador/a, profesorado participante e Dirección) nas actividades (presenciais ou virtuais) propostas por Sogama.

5. Calidade do material seleccionado en orixe e depositado en cada un dos contedores que conforman as illas de reciclaxe. É dicir, puntuaranse os acertos á hora de depositar cada residuo no recipiente correspondente e penalizaranse os erros (ter depositado refugallos no contedor equivocado, o que se coñece como “impropios”).

6. Desenvolvemento de accións nas que se implique ás familias e contorna social do alumnado e/ou aos concellos aos que pertenzan os centros a fin de reforzar e amplificar as boas prácticas na xestión sostible dos residuos urbanos.

 

Selección de boas prácticas:

  • Erre que erre coa ecoloxía”. Colexio Divina Pastora de Ourense. Ligazón
  • De fonte escura a fonte verde”. CEIP Fonte Escura de Vigo. Ligazón
  • Ecolaxeiros”. CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo. Ligazón
     

Menús Learning object node R