Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Ámbito: Dereito ao hábitat, Paisaxe, Identidade territorial, Arquitectura e urbanismo, Desenvolvemento sustentable, Medio ambiente e Patrimonio.
Definición: O ProxectoTERRA é un proxecto do Colexio de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas educativas co fin de contribuír a mellorar a formación que a poboación escolar galega debe ter sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos. Trata de crear poboación crítica e propositiva sobre o noso medio construído para acadar unhas mellores condicións de vida para todas as persoas, atendendo á premisa do Dereito ao Hábitat.
O obxectivo do programa é que o alumnado perciba o hábitat humano desde as diferentes perspectivas que abordan os materiais elaborados e postos á disposición da comunidade educativa desde o ProxectoTERRA. O hábitat estúdase afondando en diferentes aspectos, como son a paisaxe, o territorio, o urbanismo, a arquitectura ou o medio ambiente, dependendo do enfoque escollido en cada proxecto desenvolvido nos centros, aínda que sempre é ben considerado que se aborde un proxecto desde diversas perspectivas e se chegue a formular e desenvolver un proxecto interdisciplinar.
O alumnado poderá abordar a necesidade de respectar a nosa paisaxe coma un factor básico para comprender que debemos coidala e protexela, poñendo en valor as características propias da paisaxe galega (pódese afondar na materia coa guía PAGUS do ProxectoTERRA). Tamén é posible estudar como está formado o territorio galego e que factores inflúen nel, como se constrúe ou como se ordena e como se protexen os seus elementos (ecosistemas, clima, vexetación, fauna, flora, formas de habitar, cultivos…). Poderase estudar o valor do noso patrimonio a través da arquitectura e urbanismo ou atendendo á necesidade de respectar o medio ambiente para garantir a sostibilidade do noso hábitat máis próximo e comprender a necesidade de ter unha mirada crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.
Outro modo de achegarse a unha visión crítica e propositiva sobre os espazos qu ehabitamos é comprendendo a necesidade de mellorar o hábitat propio e inmediato, o cal é posible por medio de propostas de transformación dos patios e espazos educativos nos que se desenvolve a actividade lectiva. Desenvolvendo un proxecto deste tipo o alumnado toma conciencia da importancia dos nosos espazos vitais na nosa calidade de vida, prestando atención ao entorno escolar como espazo de relación que atenda ás necesidades e características diversas de todas as persoas que fan uso del e facendo estensible esta realidade ao resto da comunidade, atendendo a criterios de sensibilización e de transferibilidade do proxecto.
As diferentes temáticas descritas poden ser abordadas no proxecto que se presente de xeito individual ou conxunto, valorando positivamente que se aborde un mesmo proxecto desde enfoques diversos. Enténdese que o hábitat, a arquitectura, o urbanismo, a paisaxe, o territorio ou o medio ambiente son ámbitos de coñecemento tanxentes e complementarios entre si, que ademais son abranguibles desde diferentes materias e departamentos, co cal o programa pode dar lugar a crear sinerxias entre diferentes ámbitos académicos que resulten nun proxecto interdisciplinar. Desde o ProxectoTERRA considérase que este tipo de proxectos, polo xeral, resultan moito máis enriquecedores para o alumnado e revirten de xeito positivo no resto da comunidade educativa, dando a coñecer na nosa sociedade a formas de habitar do ser humano sobre o territorio e espallando o respecto polo noso patrimonio.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030:
- ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
- ODS 4. Educación de calidade
- ODS 10. Redución das desigualdades
- ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP (grao básico, medio ou superior), ensinanzas de réxime especial (escolas de artes) e educación especial
Límite de centros participantes: 45
Límite de docentes participantes por centro: non hai límite
Criterios de selección:
- Calidade do proxecto presentado.
- Utilización de dinámicas metodolóxicas activas, cooperativas e centradas na experiencia e na contorna próxima do alumnado.
- Deseño de actividades que fomenten a innovación educativa.
- Participación de diversos axentes da comunidade educativa de maneira cooperativa.
- Especificación da responsabilidade de cada docente participante.
- Ter participado con anterioridade nas actividades do ProxectoTERRA.
Responsables do programa:
Nome: Manuel Amable Romero Pérez
Teléfono: 609 134 808
Correo electrónico: proxectoterra@coag.es/ proxectoterra.actividades@coag.es
Obxectivos xerais
- Contribuír a mellorar o coñecemento sobre os espazos que habitamos e sobre a identidade territorial de Galicia, mediante a toma de consciencia da implicación e responsabilidade da cidadanía na construción e posta en valor destes espazos.
- Tomar conciencia dos problemas básicos da ocupación do territorio e da arquitectura cunha visión crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.
- Tomar conciencia da importancia dos nosos espazos vitais na nosa calidade de vida, prestando atención ao entorno escolar como espazo de relación da infancia e xuventude.
- Entender a importancia do patrimonio construído herdado, entendéndoo como resultado dun continuo histórico que ten a virtualidade de unir pasado, presente e futuro, na conformación da identidade dunha comunidade.
Obxectivos específicos:
- Intervir nos niveis de formación obrigatorios para presentar os problemas básicos da ocupación do territorio e da arquitectura.
- Procurar unha innovadora mirada sobre o medio humanizado e non humanizado cunha visión crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.
- Promover iniciativas que favorezan a creación dunha cidadanía consciente do espazo vital onde se desenvolve e da importancia de participar activamente nas actuacións sobre el
Desenvolvemento das competencias clave
- Competencia en comunicación lingüística
- Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
- Competencia dixital
- Competencia en aprender a aprender
- Competencias sociais e cívicas
- Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
- Competencia en conciencia e expresións culturais
Actividades
Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:
Formación: As actividades de formación terán lugar coordinadas co CAFI ou cos CFR o primeiro e segundo trimestre. Non teñen carácter obrigatorio, mais poden axudar ao novo profesorado que se incorpora ao proxecto, ou a ampliar algunha das liñas de actuación traballadas en cursos pasados.
Webs de referencia:
ProxectoTERRA: ligazón.
Recursos educativos de Arquitectura Sen Fronteiras: ligazón
Facebook do ProxectoTerra: ligazón
Twitter do ProxectoTerra: ligazón
Lista de reprodución “Xogos e espazos como instrumentos educativos”: ligazón
Lista de reprodución “III Encontro Internacional de Educación en Arquitectura”: ligazón
Lista de reprodución “V Encontro Playgrounds - Debates”
Obradoiros:
Obradoiros transdiscipinares: obradoiros prácticos desenvolvidas por entidades galegas próximas ao ProxectoTERRA, dirixidos ao alumnado de educación Infantil, Primaria e Secundaria. A través das Sementeiras poderanse desenvolver os contidos que o ProxectoTERRA ofrece a toda a comunidade educativa a través de materiais e formación. O obxectivo do programa é que o alumnado perciba o hábitat humano desde as diferentes perspectivas que abordan os materiais elaborados e postos á disposición da comunidade educativa desde o ProxectoTERRA. O hábitat estúdase afondando en diferentes aspectos, como son a paisaxe, o territorio, o urbanismo, a arquitectura, o enfoque de dereitos ou o medio ambiente, dependendo do enfoque escollido en cada proxecto desenvolvido nos centros, aínda que sempre é ben considerado que se aborde un proxecto desde diversas perspectivas e se chegue a formular e desenvolver un proxecto interdisciplinar.
Saídas: Neste curso escolar estaremos en fase de revisión de todas as actividades complementarias ofertadas aos centros ao longo dos 25 anos do ProxectoTERRA. Por este motivo non incorporaremos a oferta das saidaas neste cursos escolar 24.25.
Produto final
O produto final é aberto (exposición, vídeo, presentación, videoxogo, curtametraxe, cartel,campaña, blog...) pero é preciso documentalo adecuadamente na memoria final do proxecto.
Criterios de avaliación da memorias final
Criterios xerais do Plan Proxecta
1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado,profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3 Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
Criterios específicos
1. Adecuación ás temáticas propostas (dereito ao hábitat, arquitectura, urbanismo, patios
escolares, paisaxe, identidade territorial…).
2. Coherencia dos obxectivos do proxecto co traballo realizado.
Selección de boas prácticas:
- Conservación sostible do patrimonio - IES Praia Barraña (Boiro): ligazón
- Coñecendo o noso hábitat: Miño - CPI Castro Baxoi (Miño): ligazón
- Descubre o teu barrio - IES Alexandre Bóveda (Vigo): ligazón
- Repensando o patio do Cova - CPI de Cova Terreña (Baiona): ligazón
- O lugar onde vivimos - IES Terra de Trasancos (Narón): ligazón
- Unha ollada sobre o noso hábitat - IES Francisco Aguiar (Betanzos): ligazón
- A paisaxe de Ames - IES Plurilingüe de Ames: ligazón
- Ver, vivir, estimar, xestionar o territorio - IES de Ponte Caldelas: ligazón