Resolución da Comisión de Selección pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de persoas propostas para superar os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos.
Xúntase a Resolución do 29 de maio de 2023 da Comisión de Selección, pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de persoas propostas para superar os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG n.º 206, do 28 de outubro, corrección de erros, DOG n.º 216, do 14 de novembro).
De acordo co establecido no apartado cuarto da dita resolución, aquelas persoas que figuran no anexo desta resolución definitiva de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, e resultasen tamén seleccionadas, provisional ou definitivamente, nunha especialidade do mesmo corpo en resolución ditada no concurso excepcional de méritos de estabilización de emprego temporal convocado por outra administración educativa, deberán formular renuncia, no prazo de cinco (5) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web da consellería (www.edu.xunta.gal), se desexan obter praza no ámbito de xestión dunha administración educativa distinta á da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
O prazo para formular renuncia abranguerá desde o día 30 de maio de 2023 ata o día 5 de xuño de 2023.
Sen prexuízo deste prazo, o persoal participante no concurso de méritos poderá presentar renuncia á participación no concurso de méritos por outras causas xustificadas. Así mesmo, a renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade á realización da proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira dará lugar a que se declare aprobada a persoa que corresponda conforme os criterios establecidos na base décimo terceira da Orde 19 de outubro de 2022.
Para os efectos de formular a RENUNCIA NA ESPECIALIDADE ADXUDICADA NA PROPOSTA DEFINITIVA NA QUE NON DESEXA INGRESAR deberá procederse do seguinte xeito:
1.-Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia e autenticarse no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/
2.- Localizar no apartado de “Últimos expedientes e presentacións”, aÚLTIMA solicitude do procedemento ED001B correspondente á especialidade á que non desexa ingresar. Para estes efectos cómpre premer no rexistro no que consta presentado a dita solicitude e posteriormente no apartado “Documentación”, descargar o documento correspondente á solicitude normalizada para verificar á especialidade á que desexa renunciar.
3.-Posteriormente, na marxe dereita no apartado “QUE PODO FACER? Premer no trámite de “Renuncia” incardinado na dita solicitude na que figura a especialidade á que desexa renunciar.
4º. A continuación, siga os pasos indicados: cubrir datos, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
Posteriormente formulará un correo electrónico dirixido a persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal, segundo a adscrición da especialidade na que se xuntará o/s trámite/s presentado/s na sede electrónica e no asunto sinalará: renuncia coa especificación da/s especialidade/s na/s que non desexa ingresar.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da renuncia, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.
Non se admitirá ningunha renuncia que non sexa tramitada mediante o trámite activado de “Renuncia” na solicitude de participación do procedemento ED001B correspondente á última solicitude presentada en sede da especialidade na que non desexa ingresar.
Cada renuncia deberá formularse na correspondente solicitude no caso de renunciar a especialidades de distinto corpo.
Orde do 19 de outubro de 2022 (DOG)
Corrección de erros. Orde do 19 de outubro de 2022 (DOG)
Resolución do 19 de xaneiro de 2023
Resolución do 26 de xaneiro de 2023
Resolución composición do tribunal que xulgará a proba de coñecemento de lingua galega
Resolución de 7 de febreiro de 2023
Resolución do 16 de febreiro de 2023
Listaxe de persoas non exentas da proba de galego
Modelo de reclamación normalizado
Documento informativo recompilatorio de casuísticas de non baremación
Orde do 9 de maio de 2023 que modifica a Orde do 19 de outubro
Resolución do 11 de maio de 2023 declaran decaídos do trámite de emenda ao baremo provisorio
Orde do 9 de maio de 2023 que modifica a Orde do 19 de outubro (DOG)
Resolución do 16 de maio de 2023 (baremo definitivo)
Baremo definitivo. Corpos 590,592, 593, 594, 595, 596 e 598
Resolución do 16 de maio de 2023 (relación provisional de persoas propostas)
Relación provisional de persoas propostas Corpo 590
Relación provisional de persoas propostas Corpo 592
Relación provisional de persoas propostas Corpo 593
Relación provisional de persoas propostas Corpo 594
Relación provisional de persoas propostas Corpo 595
Relación provisional de persoas propostas Corpo 596
Relación provisional de persoas propostas Corpo 597
Relación provisional de persoas propostas Corpo 598
Instrucións dereito de opción de ingreso
Resolución do 29 de maio de 2023 (relación definitiva de persoas propostas)
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 590
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 592
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 593
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 594
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 595
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 596
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 597
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 598
Resolución do 8 de xuño de 2023 corrección da Resolución do 16 de maio de 2023
Resolución do 16 de xuño de 2023
Aprobados do concurso de méritos: Orde de 21 de xuño de 2023 (DOG)
Relación complementaria de aprobados do concurso de méritos: Orde do 7 de agosto de 2023 (DOG)