Resolución provisional de adxudicación e de persoas excluídas do concurso de traslados para o profesorado do corpo de mestres
Xúntase a Resolución do 6 de marzo de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de mestres (código de procedemento ED012A).
O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 8 de marzo ata o 21 de marzo de 2023, ambos incluídos.
- Para formular reclamacións deberá proceder do seguinte xeito:
a) para reclamar ao baremo provisional
Nota: Cómpre revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo da súa instancia presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/
1.-Unha vez feita esta comprobación, acceder a www.edu.xunta.gal/cxt
2.-Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.
3.-Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.
4.-Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".
5.- Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar e descargar o informe coa reclamación no buzón de informes.
6.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de reclamación, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións”.
7.-Cubra o formulario de “Alegacións” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Reclamacións xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.
8.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta
b) para reclamar á exclusión provisional
Deberá reclamar accedendo directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/), localizando o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A), premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións” de conformidade cos pasos descritos no punto anterior.
- Para formular renuncia deberá proceder do seguinte xeito:
1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt
2.-Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.
3.-Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".
4.-Descargar o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.
5.-Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia”.
6.-Cubra o formulario de “Renuncia” e na xanela de “Anexar documentación”, “Engadir outro documento” debe subir o documento pdf de Renuncia xerado na aplicación do concurso que previamente descargou e gardou.
7.- Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.
Orde do 4 de outubro de 2022 (DOG)
Corrección de erros. Orde do 4 de outubro de 2022 (DOG)
Resolución do 24 de novembro de 2022: Composición da Comisión Avaliadora (DOG)
Anexo I : Vacantes provisionais do corpo 555
Anexo II: Vacantes provisionais do corpo 590
Anexo III: Vacantes provisionais do corpo 591
Anexo IV: Vacantes provisionais do corpo 592
Anexo V: Vacantes provisionais do corpo 593
Anexo VI: Vacantes provisionais do corpo 594
Anexo VII: Vacantes provisionais do corpo 595
Anexo VIII: Vacantes provisionais do corpo 597
Resolución provisional secundaria e outros
Relación provisional de persoas excluídas secundaria
Adxudicación provisional alfabético (inspectores)
Adxudicación provisional funcionarios en prácticas (inspectores)
Resolución provisional do corpo de mestres
Relación provisional de persoas excluídas do corpo de mestres
Adxudicación provisional alfabético
Resolución 26 de abril de 2023 publicación vacantes definitivas
Anexo I: Vacantes definitivas do corpo 555
Anexo II: Vacantes definitivas do corpo 590
Anexo III: Vacantes definitivas do corpo 591
Anexo IV: Vacantes definitivas do corpo 592
Anexo V: Vacantes definitivas do corpo 593
Anexo VI: Vacantes definitivas do corpo 594
Anexo VII: Vacantes definitivas do corpo 595
Anexo VIII: Vacantes definitivas do corpo 597
Resolución adxudicación definitiva secundaria e outros (pendente de publicar no DOG)
Anexo II: Situación de expectativa de destino ao persoal funcionario do corpo de secundaria e outros
Anexo III: Relación definitiva de persoas excluídas (secundaria e outros)
Resolución adxudicación definitiva secundaria e outros (DOG)
Resolución adxudicación definitiva primaria (DOG)
Instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo destino definitivo