Publicación das listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, do procedemento normalizado ED001B
Xúntase a Resolución do 19 de xaneiro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG n.º 206, do 28 de outubro, corrección de erros, DOG n.º 216, do 14 de novembro).
O prazo de reclamacións contra estas listas é de dez (10) días hábiles e comeza o luns día 23 de xaneiro de 2023 e remata o venres día 3 de febreiro de 2023 (ambos días incluídos).
As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de acordo co establecido no apartado segundo da base oitava da Orde do 19 de outubro de 2022.
Para realizar reclamacións á lista provisional de persoas admitidas e excluídas deberá proceder do seguinte xeito:
1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/portada
2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal
3.-Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do procedemento selectivo (código de procedemento ED001B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación”. IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS DE DISTINTOS PROCEDEMENTOS, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER O TRÁMITE DE ALEGACIÓN NA SOLICITUDE CORRESPONDENTE Á CONVOCATORIA DO 19 DE OUTUBRO DE 2022 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED001B).
4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”
A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegación asinado como o recibo de presentación desta.
No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.
Orde do 19 de outubro de 2022 (DOG)
Corrección de erros. Orde do 19 de outubro de 2022 (DOG)
Resolución do 19 de xaneiro de 2023
Resolución do 26 de xaneiro de 2023
Resolución composición do tribunal que xulgará a proba de coñecemento de lingua galega
Resolución de 7 de febreiro de 2023
Resolución do 16 de febreiro de 2023
Listaxe de persoas non exentas da proba de galego
Modelo de reclamación normalizado
Documento informativo recompilatorio de casuísticas de non baremación
Orde do 9 de maio de 2023 que modifica a Orde do 19 de outubro
Resolución do 11 de maio de 2023 declaran decaídos do trámite de emenda ao baremo provisorio
Orde do 9 de maio de 2023 que modifica a Orde do 19 de outubro (DOG)
Resolución do 16 de maio de 2023 (baremo definitivo)
Baremo definitivo. Corpos 590,592, 593, 594, 595, 596 e 598
Resolución do 16 de maio de 2023 (relación provisional de persoas propostas)
Relación provisional de persoas propostas Corpo 590
Relación provisional de persoas propostas Corpo 592
Relación provisional de persoas propostas Corpo 593
Relación provisional de persoas propostas Corpo 594
Relación provisional de persoas propostas Corpo 595
Relación provisional de persoas propostas Corpo 596
Relación provisional de persoas propostas Corpo 597
Relación provisional de persoas propostas Corpo 598
Instrucións dereito de opción de ingreso
Resolución do 29 de maio de 2023 (relación definitiva de persoas propostas)
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 590
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 592
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 593
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 594
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 595
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 596
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 597
Relación definitiva de persoas propostas Corpo 598
Resolución do 8 de xuño de 2023 corrección da Resolución do 16 de maio de 2023
Resolución do 16 de xuño de 2023
Aprobados do concurso de méritos: Orde de 21 de xuño de 2023 (DOG)
Relación complementaria de aprobados do concurso de méritos: Orde do 7 de agosto de 2023 (DOG)