Resolución definitiva da convocatoria de Clubs de lectura 2022/23
Ven, 30/12/2022 - 11:38
Achégase arquivo coa Resolución definitiva da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se dá a coñecer a relación de centros que reciben asignación para o funcionamento de clubs de lectura, segundo convocatoria de 26 de setembro de 2022, a través da cal se incentiva esta actividade de fomento da lectura en centros de titularidade Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional (tanto en réxime ordinario como de persoas adultas), ou ensinanzas de réxime especial durante o curso 2022/2023.