Título node Learning object
Chega a II Edición do exitoso concurso Ciberseguridade no cole! Dende hoxe ata o 10 de outubro está aberto o prazo de inscrición.
O concurso está dirixido aos niveis de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria. Esta actividade, organizada por Telefónica, é promovida polo Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal no marco do II Encontro CIBER.gal.
O obxetivo do concurso é concienciar aos escolares sobre os riscos aos que se enfrontan cando empregan as tecnoloxías dixitais á vez que poden aprender sobre boas prácticas en ciberseguridade no seu día a día dun xeito ameno e divertido acorde á súa idade.
Ciberseguridade no cole! contará de novo cunha fase en liña que será celebrada o 20 de outubro, e unha final presencial o día 10 de novembro ás 10:00h na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Para participar, é preciso inscribirse neste formulario (link inserido: https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=DmBElwQ-Lkm6oSXsJFxvEAxzBEmvr8dNupU4E__JhgJUNFkzOVUxVVZLRExUMjg0MEpDQTI0R0VHRy4u ) antes do 10 de outubro.
Os detalles do concurso e as súas bases legais poden consultarse nas seguintes ligazóns:
-Características básicas (enlace que derive ao archivoadxunto : Flyer)
-Bases legais (enlace que derive ao archivo adxunto Bases do Concurso)
No Encontro CIBER.gal, promovido é organizado polo nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, tamén haberá outras actividades de interese para o todo o colectivo educativo. Ao rematar este concurso, de seguido celebrarase unha obra de teatro enfocada á contorna educativa, que tratará sobre importantes riscos asociados co uso da tecnoloxía, como poden ser a ética nas redes sociais, privacidade... Unha actividade novedosa que de seguro ensinará aos rapaces a mellorar o uso das tecnoloxías. Proximamente publicarase o programa completo do encontro e tamén será aberta a inscrición para o resto de actividades.