Resolución definitiva de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes para o curso académico 2022/23

Mar, 02/08/2022 - 14:24

Xúntase Resolución do 2 de agosto de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se publica a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2022/23 ao persoal dos corpos docentes que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo de acordo co establecido no artigo 37.d) da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais (DOG núm. 113, do 14 de xuño) e o punto sétimo da Resolución do 7 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 117, do 20 de xuño) da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Unha vez publicada no DOG a resolución de adxudicación definitiva, as persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes para interpoñer recurso potestativo de reposición contra a citada resolución contado dende o día seguinte ao desta publicación.

O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). utilizando o código de procedemento ED002B e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.

PDF icon Resolución do 7 de xuño de 2022 (DOG)

PDF icon Resolución de 20 de xuño de 2022 de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2022-2

PDF icon Anexo I: Estimadas

PDF icon Anexo II: Desestimadas

PDF icon Resolución do 7 de xullo de 2022

PDF icon Anexo I Listaxe provisional persoal docente obrigado a participar CADP 2022-23 (Primaria)

PDF icon Anexo II Listaxe provisional persoal docente obrigado a participar CADP 2022-23 (Secundaria e outros)

PDF icon Anexo III Listaxe provisional persoal interino excluído listas obrigados a participar CADP 2022-23 (Primaria)

PDF icon Anexo IV Listaxe provisional persoal interino excluído listas obrigados a participar CADP 2022-23 (Secundaria e outros)

PDF icon Resolución do 26 de xullo de 2022

PDF icon Anexo I Listaxe definitiva persoal docente obrigado a participar CADP 2022-23 (Primaria)

PDF icon Anexo II Listaxe definitiva persoal docente obrigado a participar CADP 2022-23 (Secundaria e outros)

PDF icon Anexo III Listaxe definitiva persoal interino excluído listas obrigados a participar CADP 2022-23 (Primaria)

PDF icon Anexo IV Listaxe definitiva persoal interino excluido das listas obrigados a participar CADP 2022-23 (Secundaria e outros)

PDF icon Resolución adxudicación provisional

PDF icon Adxudicación provisional Mestres (Orde Alfabética)

PDF icon Adxudicación provisional Secundaria e outros (Orde Alfabética)

PDF icon Adxudicación provisional Secundaria e outros (Orde adxudicación)

PDF icon Resolución adxudicación definitiva (pendente publicación DOG)

PDF icon Adxudicación definitiva alfabética (Primaria)

PDF icon Adxudicación definitiva por orde de adxudicación (Primaria)

PDF icon Adxudicación definitiva alfabética (Secundaria e outros)

PDF icon Adxudicación definitiva por orde de adxudicación (Secundaria e outros)

PDF icon Instrucións toma de posesión do persoal docente adxudicado (todos os corpos)

PDF icon Resolución do 2 de agosto de 2022 (DOG)