Resolución provisional da convocatoria do PLAMBE en centros públicos para o curso 2022/2023

Mér, 27/07/2022 - 09:44
pb

Achégase arquivo coa Resolución provisional da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2022/2023, segundo Orde de 11 de maio de 2022 (DOG DO 30/05/2022). Selecciónanse os 25 centros de nova incorporación previstos na convocatoria, con detalle das contías asignadas inicialmente. No caso de producírense renuncias ou baixas entre os centros integrados actualmente neste programa, poderá aumentarse o número de centros incluídos nesta resolución provisional. A resolución definitiva publicarase no DOG, unha vez rematado o proceso, e nela recollerase a totalidade de centros públicos integrados no PLAMBE para o curso 2022/2023, así como as contías asignadas finalmente.

Ábrese un prazo de cinco días naturais, a partir do día seguinte a esta publicación, para a presentación de alegacións, tal e como se recolle no artigo 12º (Resolución), punto 2, da orde de 11 de maio.