Apertura do prazo para realizar as solicitudes de prestar servizos nunha ou en varias provincias así como en determinados concellos
Mar, 14/06/2022 - 08:19
Desde o día 15 de xuño ao 15 de xullo de 2022, ambos incluídos, o persoal interino e substituto poderá solicitar prestar servizos en determinadas provincias ou concellos de conformidade co establecido nos artigos 33 e 34 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais, logo da modificación destes artigos pola Orde do 7 de xuño de 2022 (DOG nº113 do 14 de xuño)