Título node Learning object

Mestres Gandeiros
Mar, 07/06/2022 - 10:30

Ficha técnica

Acceso á páxina web do programa

Institución:

  • Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
    • Instituto de Estudos do Territorio

Ámbito: paisaxe / concienciación ambiental / poboación local / SIX

Definición:

O programa está centrado en transmitir o coñecemento e as boas prácticas que a poboación rural está levando a cabo, como xestores da natureza e da paisaxe, mediante o emprego de técnicas de xogo, de Sistemas de Información Xeográfica, do coñecemento das persoas e do contacto co territorio.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030 :

  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 10. Redución das desigualdades
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 12. Produción e consumo responsable
  • ODS 13. Acción polo clima
  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO, bacharelato, Formación Profesional e educación especial.
Límite de centros participantes: non se establece un límite

Criterios de selección:

Priorizarase a selección dos distintos colectivos:

  1. Centros públicos.
  2. Centros que imparten a materia de libre configuración "Igualdade de Xénero" en 1º ou 2º da ESO e “Coeducación para o século XXI” en bacharelato.
  3. Centros que desenvolvan algunha outra acción con temática de igualdade.
  4. Grao de innovación proposto no proxecto.

Responsables do programa:

Nome: Encarnación Nieto Zas
Departamento: Instituto de Estudos do Territorio
Teléfono: 981 547 222
Correo electrónico: encarnacion.nieto.zas@xunta.gal


Xustificación

A Lei 7/2008 de paisaxe de Galicia no artigo 14ºc Formación, sensibilización, educación e concertación, recolle que “A Xunta de Galicia fomentará a incorporación da materia da paisaxe nos distintos ciclos educativos, e promoverá a formación de especialistas en materia de intervención da paisaxe”.

A Estratexia Galega da Paisaxe sinala diversas actividades encamiñadas á sensibilización, formación e divulgación en materia de paisaxe. Un compoñente importante da paisaxe son os valores naturais, a conectividade entre os distintos hábitats e a biodiversidade (infraestrutura verde). O principio subxacente á infraestrutura verde é que unha área de territorio pode ofrecer múltiples servizos á sociedade se os seus ecosistemas están en bo estado. De aí que os modelos territoriais farán máis eficientes as medidas que se implementen. Neste contexto, os Sistemas de Información Xeográfica son unha ferramenta fundamental.

Cada territorio ofrece estes servizos ecosistémicos dunha forma singular. O principal actor desta oferta de servizos é a poboación local se xestiona de forma sustentable os recursos naturais. Quen mellor ca eles para comunicar e concienciar aos mais novos dos valores da natureza, da interacción do ser humano con ela e da importancia das boas prácticas e do consumo responsable?

O proxecto contribuirá á adquisición de competencias do alumnado entre as que estarán:

  1. Conciencia ambiental: a partires do coñecemento en vivo e en directo dos protagonistas das boas prácticas agrarias ( a poboación local) facilitarase a comprensión dos ciclos ecolóxicos e os servizos que a natureza ofrece gratis ao ser humano, a economía circular e a importancia do consumo responsable.
  2. Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía: se facilitará a aprendizaxe a través da información xeográfica dixital, mapas, bases de datos expaciais, etc. relativas ao medio ambiente, o medio rural, o territorio e a paisaxe.
  3. Aprender a aprender: a través da implementación de metodoloxías activas e participativas ( o xogo), onde a poboación local e o alumnado sexan protagonistas da súa propia aprendizaxe en plena natureza.
  4. Competencia dixital: empregando as tecnoloxías da información espacial e da comunicación aprenderán a elaborar "mapas dixitais", para identificar elementos, conflitos e impactos na natureza e na paisaxe da súa contorna.
  5. Comunicación lingüística: fomentarase a adquisición de espontaneidade a través da expresión oral na natureza e o xogo.
  6. Competencias no coñecemento e comprensión da co

Obxectivos

Xerais

  1. Vincular á poboación local na educación, en colaboración co profesorado.

  2. Fomentar a comprensión do alumnado do rol do agricultor e do gandeiro a través das boas prácticas que estes están levando a cabo como xestores da infraestrutura verde na paisaxe.

  3. Fomentar a innovación educativa e promover hábitos e destrezas no alumnado para desenvolver ideas creativas e innovadoras a través da reflexión crítica, do traballo colaborativo, do xogo, do contacto coa natureza e da comunicación coa poboación local que actúa como xestora do territorio.

Específicos

Para o alumnado

  1. Comprender, valorar e integrar as boas prácticas agrarias que están a levar a cabo os seus pais e nais, veciñ@s e agricultor@s no mantemento da biodiversidade, da infraestrutura verde e da paisaxe.

  2. Adquirir e mellorar a capacidade de análise espacial e territorial do seu entorno mediante o emprego de ferramentas dixitais espaciais que permitan representar o espazo: cartografía, sistemas de información xeográfica, imaxes de satélite, fotografía aérea, audiovisual, ....

  3. Apreciar o traballo da poboación local, a súa función na sociedade e a importancia do consumo responsable.

  4. Recoñecer e valorar na súa contorna os valores da biodiversidade, a conectividade, a multifuncionalidade, o servizos ecosistémicos sociais, de regulación e de provisión de ben e alimentos.

Para a poboación local

  1. Recoñecer e valorar a súa función na xestión da biodiversidade e a paisaxe.

  2. Valorar e integrar o seu coñecemento e sabedoría na concienciación da estratexia da infraestrutura verde e a paisaxe.

  3. Adquirir habilidades de comunicación de cara a colaborar cos profesor@s na función educativa, así como fomentar a súa autoestima.

Para o profesorado

  1. Incorporar na súa función docente a experiencia e o rol da poboación local, o xogo e as tecnoloxías dixitais da información xeográfica.

  2. Integrar de forma práctica o coñecemento da paisaxe e da infraestrutura verde, relacionándoo coas diferentes materias curriculares.

  3. Promover a posta en marcha de proxectos de intervención na contorna, liderados polo alumnado, que valoren as boas prácticas levadas a cabo pola poboación local e o consumo responsable.

Palabras clave: poboación local, colaboración educativa, boas prácticas agrarias, produtos de proximidade, economía circular, infraestrutura verde, paisaxe, consumo responsable, sistemas de información xeográfica


Actividades

Instituto de Estudos do Territorio (IET)

  1. O IET poderá facer unha presentación do proxecto se así o solicitasen os centros participantes. Faríase de xeito telemático no primeiro trimestre do curso académico.
  2. O IET facilitará o contacto coa poboación local, que exercerá de guía na visita aos Ancares no último trimestre do curso.
  3. Asimesmo, o IET facilita material didáctico (propostas didácticas específicas para este proxecto) e outra información en materia de paisaxe, de ordenación do territorio, da estratexia galega de infraestrutura verde ou do Plan galego de Cartografía, na que poidan estar interesados os centros participantes.
    • Os materiais serán accesibles a través da páxina web do programa, na seguinte ligazón:
    • https://mestresgandeiros.gal
    • Nome de usuario: Usuario
    • Contrasinal: Mestres_Gandeiros_2022
  4. O IET aportará unha axuda económica anual para os gastos ocasionados con motivo da visita aos Ancares, a repartir entre os centros inscritos que a realicen.

Actividades a realizara polos centros educativos

  1. Informe inicial no que se describa a metodoloxía para desenvolver o proxecto, os principais resultados esperados e as adaptacións realizadas, de ser o caso, ao proxecto proposto polo IET (actividades, cronograma, enfoque, etc.). Este informe remitirase ao IET no primeiro mes despois do comezo do curso.
  2. Memoria final que recolla as actividades desenvolvidas e os resultados do traballo realizado. Valorarase a documentación en soporte audiovisual elaborada polo alumnado.

Criterios de selección dos centros

  1. Calidade do proxecto (0-4 puntos): Valorarase a utilización de dinámicas metodolóxicas activas e cooperativas que contemplen o contacto coa realidade próxima do alumnado mediante saídas a zonas da contorna do centro de ensino. Valoraranse as propostas para a identificación e o cartografiado dos valores naturais e paisaxísticos da súa contorna relacionados coa biodiversidade, conectividade ecolóxica e multifuncionalidade da natureza. Valorarase que a proposta inclúa a realización de material audiovisual polo alumnado para afondar no coñecemento da poboación local que desenvolvan boas prácticas agrícolas, gandeiras e silvícolas relacionadas cos servizos dos ecosistemas (de regulación, aprovisionamento ou culturais).
  2. Implicación da comunidade educativa (0-2 puntos): Valorarase o grao de implicación da comunidade educativa do centro de ensino, para o cal especificarase a responsabilidade de cada un dos docentes participantes.
  3. Difusión dos resultados (0-1 punto): Valorarase que as propostas inclúan a interación coa contorna do centro escolar na difusión dos resultados.
  4. Transversalidade (0-1 punto): Valoraranse as propostas que se desenvolvan de xeito transversal no centro de ensino entre distintos niveis curriculares.
  5. Interdisciplinariedade (0-1 punto): Valorarase que as propostas inclúan diferentes departamentos didácticos, disciplinas ou materias.
  6. Innovación (0-1 punto): Valoraranse as propostas que inclúan actividades innovadoras non experimentadas aínda ou de recente creación.

Criterio de exclusión: poderanse excluír aqueles centros que non acaden unha puntuación mínima de 5 puntos.


Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

  1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
  2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
  3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos do programa

  1. Grao de motivación e sensibilización do alumnado
  2. Grao de desenvolvemento dos contidos e a súa relación coas actividades realizadas
  3. Grao de difusión do traballo realizado polo alumnado no centro e na comunidade educativa
  4. Grao de calidade e innovación das distintas actividades que realice o centro
  5. Grao de consecución dos obxectivos propostos no proxecto
  6. Grao de implicación e receptividade do centro (coordinador/a, profesorado participante e dirección) nas actividades presenciais ou virtuais

 


    Menús Learning object node R