Román Rodríguez destaca a FP Básica como "unha aposta pola equidade e pola igualdade de oportunidades"

Sinala que estas ensinanzas “xogan un papel fundamental como alternativa ao abandono escolar e como porta de acceso ao mercado laboral”

Nestas olimpíadas participaron 111 alumnos de 39 centros educativos de toda a Comunidade

Trátase da primeira competición en toda España específica para alumnos de grao básico e de programas formativos para persoas con necesidades educativas especiais

Ven, 03/06/2022 - 17:33
sk

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo director xeral de FP, José Luis Mira, presidiu esta mañá o acto de entrega das medallas do I Campionato Galego de Formación Profesional Básica FPBásicaSkills Galicia 2022, as primeiras olimpíadas específicas deste nivel de ciclos formativos que se celebran en toda España. Na competición tomaron parte tamén estudantes de programas formativos dirixidos a persoas con necesidades educativas especiais

No transcurso do acto, o representante da Xunta de Galicia destacou que a FP de grao básico representa “dous piares do noso sistema educativo como son aposta pola equidade e a igualdade de oportunidades”. Neste sentido, sinalou que estas ensinanzas “xogan un papel fundamental como alternativa ao abandono escolar e como porta de acceso ao mercado laboral, ademais de como piar da nosa aposta por unha escola inclusiva e pola aprendizaxe permanente”. “En definitiva, o espírito desta iniciativa simboliza á perfección a esencia e a razón de ser da Formación Profesional”, engadiu.

Empregabilidade e competitividade

Román Rodríguez salientou “a revolución silenciosa que experimentou na última década a FP”, de manifesto en cifras como o incremento dun 74% na matrícula e o éxito de modalidades como a FP Dual. Así mesmo, fixo fincapé no incremento na inserción de todas as modalidades. “A taxa de inserción laboral do conxunto da FP situábase hai dez anos nun 51,7% mentres que na actualidade a inserción na FP Básica está no 75% e en modalidades coma a FP Dual supera xa o 90%”, explicou.

O conselleiro de Educación quixo agradecer o esforzo do alumnado participante, do profesorado, titores e centros educativos, así como da máis dunha vintena de empresas colaboradores nas FPBásicaSkills Galicia 2022.

“A revolución non podería ser posible sen a implicación da comunidade educativa, do alumnado e do sector empresarial”, indicou o conselleiro, lembrando que “hoxe a nosa FP é un referente de empregabilidade, de competitividade e de adaptación ao entorno laboral”.

Medalleiro

O obxectivo deste certame, que se suma ás Galicia Skills (con participación maioritaria de alumnado de ciclos de grao medio e superior), é impulsar o prestixio destas ensinanzas como unha opción de futuro para os rapaces que as cursan.

As olimpíadas desenvolvéronse entre o 24 de maio e o 2 de xuño e estruturáronse en nove competicións (sete de FP Básica e dous de programas formativos básicos), que contaron coa participación de 111 alumnos de 39 centros educativos de toda Galicia.

A relación de alumnos gañadores pode consultarse na seguinte táboa:

Competición

Medalla

Centro

Alumnos gañadores

Titor

Agroxardinaría

Ouro

IES Montecelo (Pontevedra)

Cristian Diz Rey e Abdelmonsif El Haddad

Bárbara Carballal Mariño

Agroxardinaría

Prata

IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo)

Iván García Pérez e Amaro Pérez Crespo

Óscar Engroba Sal

Agroxardinaría

Bronce

IES de Arzúa (Arzúa)

Juan Amigo Regueiro e Iván López Rey

Iria Villar Rodal

Artes gráficas

Ouro

CIFP Compostela (Santiago de Compostela)

Ana Méndez Crespo e Verónica Parafita Sánchez

María Outón Parada

Artes gráficas

Prata

CIFP Leixa (Ferrol)

Angeline Alonso Domínguez e Lara Sánchez Sánchez

Isela García Pintos

Artes gráficas

Bronce

IES Rosalía Mera (A Coruña)

Roxana Nicoleta Chiru Miclaus e Sabela Ramilo Montero

María Caridad Ballesteros

Carpintaría e moble

Ouro

IES Rosalía Mera (A Coruña)

Alicia de los Palos Fernández

Juan José Cal Ferreira

Carpintaría e moble

Prata

IES de Salvaterra de Miño (Salvaterra de Miño)

Jorge Solleiro Fernandez

Enrique Pena López

Carpintaría e moble

Bronce

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

Brais Fernández Rial

José María Cebeiro Fernández

Electricidade e electrónica

Ouro

CIFP A Farixa (Ourense)

Mohamed Oukhoya e Eric Manuel Pichardo Carballo

Emilio Vidueira Franjo

Electricidade e electrónica

Prata

CIFP Universidade Laboral (Culleredo)

Juan Ismael Matos Rodríguez e Pablo Veiras Gude

Susana Rey López

Electricidade e electrónica

Bronce

IES Macías o Namorado (Padrón)

Marcos Barros Caamaño e Samuel Batalla Gago

Samuel Rodríguez Saavedra

Floraría

Ouro

IES de Arzúa (Arzúa)

Juan Manuel Nogueira Budiño

Carlos Iglesias Ramos

Floraría

Prata

IES de Mugardos (Mugardos)

Andrea Ríos López

Patricia Blanco Vigo

Floraría

Bronce

IES Montecelo (Pontevedra)

José Ramón Patiño Castellano

Eliseo Castro Iglesias

Mantemento de vehículos

Ouro

IES Montecelo (Pontevedra)

Adrián López Barcia e Alejandro Oliveira Martínez

José Fuentes Fontáns

Mantemento de vehículos

Prata

IES de Vilalonga (Sanxenxo)

Adrián Castro Rodríguez e Cristian Troncoso Soutullo

Fernando Prado Santamaría

Mantemento de vehículos

Bronce

CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

Nico Canosa Gayoso e Pedro Lagares Costas

Jaime Villar Martínez

Peiteado e estética

Ouro

IES Montecelo (Pontevedra)

Naiara Ameal Sangiao

Patricia Diz Peleteiro

Peiteado e estética

Prata

CIFP Someso (A Coruña)

Yoana Naya Ordóñez

María Begoña Rey Arufe

Peiteado e estética

Bronce

IES 12 de Outubro (Ourense)

Andrés dos Santos Moreno

María Trinidad García Vázquez

Servizos de restauración

Ouro

CEE Pontevedra (Pontevedra)

Adrián García Besada e Sergio Varela Lapido

María del Mar León Martínez

Servizos de restauración

Prata

CEE Infanta Elena (Monforte de Lemos)

Jennifer Abad Fernández e María del Carmen Hermida Taboada

Antonio Maceiras Charlón

Servizos de restauración

Bronce

CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela)

Mary Blanco Bernárdez e Noemí Pombo García

María del Carmen Alvite Caamaño

Xardinaría e viveirismo

Ouro

CEE Saladino Cortizo (Vigo)

Andrés Durán Portela e Sandra Ferreiro Corral

Francisco Antonio Cabaleiro Núñez

Xardinaría e viveirismo

Prata

CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela)

Sergio García Becerra e David García Torres

Manuel Andrade Vallo

Xardinaría e viveirismo

Bronce

CEE María Mariño (A Coruña)

José Alejandro Fernández Rodríguez e Juan José Rabuñal López

Guillermo Gil Docampo