Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas de comisións de servizos por conciliación da vida familiar e laboral de mestres, do PES, de FP e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso académico 2022/23
Ven, 03/06/2022 - 14:45
Faise pública a Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2022-23.
PRAZO DE RECLAMACIÓN:
-
O prazo de reclamacións comeza o día 6 de xuño de 2022 e remata o día 10 de xuño de 2022, ambos incluídos.
-
As reclamacións á resolución provisional deberán ser realizadas electrónicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento ED 010A/2022).