Resolución do 7 de outubro de 2021, pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos, pertencentes á Rede de Centros Plurilingües

Ven, 08/10/2021 - 12:50

Xúntase a Resolución do 7 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.

 

Para realizar a solicitude debe accederse á aplicación www.edu.xunta.es/programaseducativos

  1. Seleccionar PROGRAMAS DE ÉXITO EDUCATIVO e o CURSO 2021-2022. 
  2. Logo ir a LISTAXE PROGRAMAS e seleccionar Acreditación LE centros públicos plurilingües.
  3. A continuación premer en SOLICITAR (non é preciso cubrir ningún dato) e a seguir CREAR e despois GARDAR. Finalmente deben premer en PRESENTAR. 
  4. A continuación deben ir ao depregable da esquerda, en LISTAR SOLICITUDES. Aparecerá a solicitude realizada e deben picar na columna ACCIÓN, na acción de editar (no lapis). A continuación deben cubrir os datos do proxecto, no que só se lles solicitan os datos do alumnado que está interesado e se compromote a facer as probas.
  5. Unha vez cubertos estes datos deben premer en Rematar e enviar.

Ambos documentos poderán ser xerados desde a aplicación e ser gardados no centro. Non deben entregar ningún documento.