Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22

Mér, 16/06/2021 - 09:18

Orde do 31 de maio de 2021 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22 (código de procedemento ED306A) (DOG núm. 113, do 16 de xuño).

 

Prazo para presentar solicitudes:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 17 de xuño ao 9 de xullo de 2021.

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 17 de xuño ao 2 de agosto de 2021.

 

As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.