G2002140 - Educación Dixital. Curso 2020-2021

A educación dixital agora máis presente ca nunca!
Ven, 09/04/2021 - 15:08
Xornada Educación Dixital 2021

Como ben sabemos, este último ano foi un constante reto a moitos niveis, por suposto tamén no educativo. As tecnoloxías da información e da comunicación foron nalgúns casos unha axuda esporádica e improvisada, pero en moitos outros foron integradas no ensino, converténdose en aliadas para sempre.

Ante esta situación de cambio:

  • Levaches a cabo nunha contorna dixital ou híbrida metodoloxías nas que o alumnado é o protagonista da aprendizaxe?

  • Aproveitaches as posibilidades das ferramentas ou contidos dixitais como apoio a esas metodoloxías?

  • Empregas as TIC de xeito integrado na aula para fomentar nos rapaces e rapazas a curiosidade, a indagación, a creatividade ou o traballo en equipo?

  • Desenvolveches estratexias de comunicación efectivas co alumnado e coas familias?

  • Creaches contidos para a túa aula con ferramentas dixitais?

Se queres compartir a túa experiencia fronte a este importante reto co resto do profesorado convidámoste a que o fagas na xornada Educación Dixital 20-21.

Achega a información sobre a túa experiencia nesta ligazón (para cubrir o formulario debes identifícarte coa túa conta corporativa e premer en “matricúlame”).

De ser seleccionada, poderás presentala, ou ben a través dunha intervención por videoconferencia, ou  formando parte dun panel de experiencias na xornada Educación Dixital que se celebrará o próximo 8 de maio a través da Rede.

O prazo para a achega de experiencias remata o día 16 de abril.

Anímate e participa!

Tamén podes asistir como participante. A inscrición xa está aberta en fprofe co código G2002140. O prazo de inscrición remata o 29 de abril. 

Se precisas facer algunha consulta respecto á achega de experiencias podes escribir ao enderezo electrónico cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal

Departamento de Educación Dixital do CAFI.