Convocatoria do procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas ensinanzas do CM de FP correspondente ao título de técnico en condución de actividades físico-deportivas no medio natural
Publícase resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia como profesor especialista nas ensinanzas do módulo profesional de “condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos” do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en condución de actividades físico-deportivas no medio natural (591705).
Prazo de presentación de solicitudes: desde o XOVES día 4 de febreiro ata o día 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible XOVES día 4 de febreiro de 2021.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.
Resolución do 3 de febreiro de 2021
Resolución provisional. Condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos
Baremo provisional. Condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos
Relación provisional de persoas excluídas. Condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos
Resolución definitiva. Condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos
Baremo definitivo. Condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos
Relación definitiva de persoas excluídas. Condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos