G2002129 - Internacionaliza a túa escola. Erasmus+, eTwinning e outras propostas. Curso 2020-2021
Código: G2002129
Datas: 12 e 13 de marzo
Duración: 8 horas
Modalidade: virtual
Xornadas virtuais para afondar nos proxectos internacionais: Erasmus+, eTwinning e outras propostas. Contaremos coa intervención de representantes do SEPIE, eTwinning , Teachers for Future, así como de diversos centros educativos tanto galegos como internacionais.
Obxectivos
1.Proporcionar información sobre os programas europeos descentralizados no contexto do Erasmus+.
2.Amosar boas prácticas e procedementos de participación nas diferentes accións de programas europeos.
3.Desenvolver estratexias para o desenvolvemento de programas europeos.
Contidos
1.As distintas accións de educación do Programa Marco Europeo Erasmus +. As accións KA1 e KA2.
2.Outros programas.
Inscricións abertas en Fprofe