Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, convocatoria para o exercicio 2021
Xúntase a Orde do 31 de decembro de 2020, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2021 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Programa: Axudas de apoio á etapa predoutoral
Data de publicación no DOG: 27/01/2021
Código de procedemento: ED481A
Forma de presentación: electrónica https://sede.xunta.gal/portada
Prazo de presentación de solicitudes: do 28/01/2021 ao 01/03/2021
Cal é o obxecto destas axudas?
Este programa procura a formación de persoas investigadoras para a obtención do título de doutora ou doutor e a adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación dentro dun programa de doutoramento.
Ademais, co obxecto de que poidan acadar a mención de doutora ou doutor internacional, de acordo co establecido no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, fináncianse estadías de tres meses de duración no estranxeiro, sempre que se marque esta opción na solicitude.
Quen pode solicitar estas axudas?
- As universidades do Sistema Universitario Galego (en diante SUG), ante a Secretaría Xeral de Universidades, a través do procedemento ED481A.
- Os organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e os centros do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e do Instituto Español de Oceanografía (IEO) radicados en Galicia, ante a Axencia Galega de Innovación (Gain), a través do procedemento IN606A.
- As persoas investigadoras non poden solicitar directamente estas axudas, senón que o teñen que facer a través dalgunha das entidades indicadas, sempre que cumpran os requisitos que se indican no artigo 2.3. da convocatoria.
Novidades desta convocatoria:
Establécese unha única modalidade de axudas na que, por unha banda, se garante un mínimo de axudas por rama de coñecemento nas universidades do SUG e, por outra, continuarase coa potenciación das traxectorias de investigación vinculadas ás áreas estratéxicas segundo os obxectivos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3).
Os proxectos de investigación serán avaliados ao formar parte dos criterios de valoración enunciados no artigo 10 das bases da convocatoria
Tipo e intensidade da axuda
- Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
- Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
- Intensidade da axuda: 100 %
- Duración das axudas: un máximo de 3 anos
- Orzamento total: 8.262.000 euros: 7.290.000 euros de achega da Secretaría Xeral de Universidades e 972.000 euros de achega da Gain.
Número, duración e importe das axudas
- Convócanse un total de 102 axudas: 90 para as universidades do SUG e 12 para as demais entidades.
Do número total de axudas que se convocan, resérvanse 3 no ámbito das universidades do SUG e 1 no ámbito das demais entidades para a contratación de persoas investigadoras cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %.
- A duración das axudas é dun máximo de 3 anos, que se desenvolverán a partir do 1 de xuño de 2021 (na data que se indique na resolución de adxudicación).
- O importe máximo de cada axuda é de 24.000 € anuais. Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluídos os seus custos sociais.
- As estadías no estranxeiro de tres meses de duración terán un importe máximo de 6.000 €, en función do destino da estadía, de acordo coa seguinte distribución:
a) Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.
b) Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América, agás Estados Unidos e Canadá.
c) Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en Estados Unidos, Canadá, Asia ou Oceanía.
- Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda destinado á entidade solicitante para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.
A onde acudir?
- Para as solicitudes presentas polas universidades do SUG:
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995152 / 981957649
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal
- Para as demais entidades solicitantes indicadas (alleas ao SUG):
Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Axencia Galega de Innovación
Rúa Airas Nunes s/n
15702 – Santiago de Compostela
Teléfono: 881999213 Fax: 981541039
Email: axudas.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal
Orde do 31 de decembro de 2020 (DOG) Extracto da Orde do 31 de decembro de 2020 (DOG) Listaxe provisional admitidos e excluídos Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas Resolución do 15 de xuño de 2021 (caracter informativo) Resolución do 15 de xuño de 2021 (DOG) Nota informativa complementaria: Puntuación final Resolución do 6 de outubro de 2021 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 15 de xuño de 2021 (DOG) Orde do 20 de outubro de 2021, pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2020 (DOG) Listaxe estadias predoutorais 2021 Resolución do 4 de marzo de 2022 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 15 de xuño de 2021 (DOG)