Título node Learning object

Publícase a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo
Mar, 10/11/2020 - 15:12
portada

A Xunta de Galicia acaba de publicar a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo, aprobada en 2019 polo plenario do Observatorio Galego de Violencia de Xénero, no que participa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A Guía é un instrumento de resolución de conflitos de convivencia que vai contribuír a dar pautas de actuación ante un caso de violencia de xénero, de acordo coa lexislación en materia de convivencia e seguindo os presupostos establecidos no I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020 (incluído na Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020), que contempla como un dos seus piares básicos a tolerancia 0 contra a violencia de xénero. Así pois esta ferramenta vén a dotar de instrumentos de intervención esta estratexia, abordando de xeito decisivo a violencia de xénero, que constitúe a violencia máis silenciada e oculta da sociedade.

Pódese ampliar a información no portal educativo e na web da Secretaría Xeral de Igualdade.

Pódese descargar o volume na seguinte ligazón.