Título node Learning object

Preséntanse os datos do estudo "Menores y violencia de género"
Ven, 02/10/2020 - 11:45
portada

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero (Ministerio de Igualdade), en colaboración coa Universidade Complutense de Madrid e coas delegacións de Educación das distintas comunidades autónomas, publicou o estudo "Menores y violencia de género".

O estudo empregou unha mostra representativa do alumnado de 14 a 18 de todo o Estado coa fin de coñecer o impacto que ten a violencia de xénero nas súas vidas. Na elaboración dos cuestionarios deste estudo participaron 25 centros galegos.

Pódese atopar unha resumo dos resultados na web da Moncloa e da Delegación do Goberno, desde onde se pode descargar o volume.