Ábrese o prazo de solicitudes para non participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) para o curso 2020/2021
O prazo para que o persoal interino e substituto docente solicite non participar na convocatoria de adxudicación de destinos provisionais para o curso 2020-2021 é do 25 de maio ata o 12 de xuño de 2020, ambos incluídos, tal e como se establece no artigo 2 da Orde do 14 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm 97 do 20 de maio).
Para formular a solicitude de non participación deberá acceder a aplicación de Substitutos a través do seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.gal/substitutos/
Teléfonos de contacto:
Profesorado de secundaria: 981 545406, 981 545407, 981 545255, 981 544486
Mestres: 981 545495, 981 544487, 981 957825,981 957795
Enderezos de correo electrónico:
Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es