Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021
Xúntase a Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021.
Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes de admisión(1)
Restablecer o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.
Segundo. Novos prazos do procedemento
a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión redúcense á metade.
b) Sen prexuízo do anterior, establécense os seguintes novos prazos do proceso:
-
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
-
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
-
Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
-
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
-
Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
-
Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
Terceiro. Adxudicación subsidiaria de postos escolares
Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización(2). Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares(3) que se atribúen ao devandito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos Servizos Territoriais de Inspección Educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.
(1) ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión de alumnado (DOG do 15 de marzo de 2013)
(2)Artigos 15, 16 e 17 do DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 26 de decembro de 2012)
(3)Artigos 35 e 36 da ORDE de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión de alumnado (DOG do 15 de marzo de 2013)