Título node Learning object

Recursos para xestionar o patio de xeito coeducativo
Mér, 18/03/2020 - 21:25
portada

É cada vez máis frecuente que os centros de infantil e primaria (sobre todo) realicen intervencións no patio para facelos máis coeducativos, dinámicos, inclusivos, saudables e sostibles.

Recollemos nesta nova algúns recursos de interese para desenvolver proxectos que dinamicen o patio e corrixan os desequilibrios que se perciben nel. Toda a literatura sobre o tema incide na idoneidade de que a proposta de mellora se desenvolva a través dun proxecto participativo que atenda os distintos intereses da comunidade educativa e que converta o patio nun verdadeiro espazo que eduque en valores.