Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019/2020 do corpo, de PES, PT de formación profesional, profesores de EOIs e profesores de música e artes escénicas
Xúntanse as Resolucións do 12 de novembro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións provisionais de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019-2020 correspondentes ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficias de idiomas e profesores de música e artes escénicas
- As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
- Non se admitirán as alegacións formuladas mediante o correo electrónico.
Resolución do 28 de xuño de 2017: Texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 (DOG)
Resolución do 25 de febreiro de 2018 (DOG)
Resolución do 1 de agosto de 2019 (DOG)
Resolución do 20 de decembro de 2019 (mestres)
Relación provisional de persoas excluídas (mestres)