Título node Learning object

Sementando coeducación dende o rural: os coidados como xermolo para a sustentabilidade da vida
Mar, 10/09/2019 - 09:35

Ficha técnica

Proxecta

Institución responsable:

  • Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

ONGD: InteRed Galicia

Ámbito: dereitos humanos, igualdade de xénero e sustentabilidade ambiental, promoción da axenda 2030.
Definición: O programa consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa promoción dos ODS en xeral, e en particular baixo unha amirada ecofeminista, a través da coeducación. A temática a traballar este ano será máis concretamente o ecofeminismo dende as aulas, atendendo a 3 dimensións: a ambiental, reproductiva e social. A metodoloxía será activa e participativa  Será moi recomendable que o profesorado titor estea dentro das sesións educativas para poder beneficiarse da formación dada á mocidade e ao final do curso deseñará dúas sesións coeducativas que poderá poñer en práctica e as que as técnicas de InteRed Galicia acompañarán.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 5. Igualdade de xénero.

Temporalización: do 1 de outubro de 2024 ao 30 de setembro de 2025

Alumnado ao que vai dirixido:

Alumnado de 2º da ESO dos seguintes centro educativos: IES Laxeiro de Lalín; CPI Viaño Pequeno de Trazo; CPI de San Vicente da Baña.

Límite de centros participantes:

  • 3 centros para as formacións dirixidas ao alumnado IES Laxeiro de Lalín; CPI Viaño Pequeno en Trazo; CPI de San Vicente da Baña.

  • Centros de toda Galicia para a formación do profesorado.

Límite de docentes participantes por centro:

  • Nas formacións dirixidas ao alumnado, existe un grupo de titores/as que xunto coa orientadora fan acompañamento ao alumnado que recebe a formación. Normalmente o número de docentes está arredor de 5 (pode variar en función do centro).

Limite de alumnado participante por centro: 35 mozos e mozas

Criterios de participación:

  • Alumnado: mozos e mozas de 2º da ESO
  • Profesorado: Centros de toda Galicia: Formación aberta ao profesorado interesado na temática con algunha formación previa na materia de igualdade, ambiente, dereitos humanos.Priorízase profesorado pertencente a centros que formen parte do Plan Proxecta proposto por InteRed. Seguidamente, terán preferencia profesorado interesado de calquera especialidade do corpo de ensinanza secundaria, preferiblemente que exerzan como titoras/es e equipa de orientación educativa, especialmente a/o orientadora ou orientado.

Responsable do programa:

Nome: María José Domínguez García
Departamento: Coordinadora da Delegación de InteRed en Galicia.
Teléfono: +34 693 53 72 79
Correo electrónico: galicia@intered.org

Nome: Lucila María Louzao Rodríguez
Departamento: Delegada de InteRed en Galicia.
Teléfono: +34 636 08 84 33
Correo electrónico: delegada.galicia@intered.org

Obxectivo xeral: Contribuír a promover en Galicia unha cidadanía global crítica e comprometida cun modelo de desenvolvemento que poña no centro o coidado das persoas e do planeta baixo unha perspectiva ecofeminista e de acordo co cumprimento da Axenda 2030.
Obxectivo específico: Promover comunidades educativas con capacidade para actuar de forma crítica e colectiva a favor da paz (ODS 16), a igualdade de xénero (ODS 5) e a sustentabilidade ambiental (ODS 13) baixo un enfoque de coidados, decolonial e interseccional.
Palabras clave: educación inclusiva / educación transformadora / coeducación / coidados /dereitos humanos / cultura de paz / igualdade de xénero / sustentabilidade ambiental / ámbito rural / territorio / identidades /obxectivos de desenvolvemento sustentable / ODS/ Axenda 2030

Metodoloxía e temporización

InteRed incorpora no seu quefacer e, consecuentemente, no presente proxecto, os seguintes enfoques: Socioeducativo; Enfoque baseado nos dereitos humanos; Enfoque de equidade de xénero; Ética dos coidados, das persoas e do planeta.

Estes enfoques lévanse á praxe diaria de InteRed e vincúlase co traballo nos centros escolares baseándose no documento “Trazos e propostas para avanzar”. Baixo estes enfoques, este proxecto formúlase dende o da coeducación. Apostamos por falar de coeducación e non de educación para a igualdade pois non se trata de “igualar” ás persoas anulando as diversidades e crear persoas “neutras”, se non que se procura unha igualdade nos dereitos e a liberación dos estereotipos. Para levar a cabo o proxecto, empregarase unha metodoloxía que vincula a formación e a acción e que bebe da Educación Popular. É unha corrente pedagóxica desenvolvida en América Latina e que entende a educación coma un proceso participativo e transformador, coma un xeito de construír procesos de xeito colectivo, dende a integración do educativo e o político. Por tanto, entende que os procesos educativos van máis aló da adquisición de contidos e propón a liberación e transformación da persoas e os grupos, outorgándolle á educación unha función emancipadora.

De forma máis concreta, neste proxecto apostarase por empregar a metodoloxía socio-afectiva que se desenvolve ao abeiro da campaña institucional de InteRed “TOCA IGUALDADE”, co fin de favorecer que as persoas saiban como levar a cabo procesos coeducativos e como actuar fronte as violencias machistas (como materializar as bases teóricas que se sentan coa campaña arriba descrita).

Créanse así, ademais desa metodoloxía (de consulta aquí https://www.intered.org/es/recursos/jovenes-desmontando-el-patriarcado-p...), dúas guías chamadas “Guía para la movilización social” e “Guía básica para diseñar estrategias de ciberactivismo” (aquí pódense ver https://intered.org/es/recursos/guia-para-la-movilizacion-social e https://intered.org/es/recursos/guia-basica-para-disenar-estrategias-de-ciberactivismo.

En canto á temporización das actividades, estas irán dándose ao longo do ano, mais no caso específico das formacións, estas centraranse no segundo e terceiro trimestre do período de execución previsto.

Actividades e recursos

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

  • Formación:

Formación sobre “Coidados das persoas e do planeta: cara á construción de centros educativos transformadores e comprometidos cos ODS - Fase II" en modalidade presencial, en liña ou mixta dirixida ao profesorado de toda Galicia.

Sesións formativas co alumnado de 3 centros escolares, a través de metodoloxías innovadoras, sobre cultura de paz, igualdade de xénero e sustentabilidade ambiental, cun enfoque de coidados, decolonial e interseccional, no marco da Axenda 2030.

Acompañamento ao profesorado implicado no proceso educativo dirixido ao alumnado, para a incorporación na súas aulas, de accións coeducativas con perspectiva ecofeminista.

  • Web de referencia:

Creación e implementación dunha estratexia de comunicación e difusión das actividades do proxecto, dirixida á cidadanía en xeral e á mocidade en particular, a través de medios internos e externos.

www.intered.org

Facebook: Intered Galicia ONGD

Instagram: Intered Galiza

  • Obradoiros:

Obradoiros formativos coas asociacións de familiares dos 3 centros educativos participantes,sobre "A importancia dos coidados, a igualdade de xénero e a sustentabilidade ambiental".

2 sesións formativas con mocidade en xeral (non vinculada necesariamente a espazos escolares), a través de metodoloxías innovadoras - ARTIVISMO -, sobre ecofeminismo, de acordo ao cumprimento dos ODS, e facendo especial incidencia na toma de acción e participación para a transformación e o cambio social.

  • Saídas:

No marco das sesións formativas, tense previsto realizar 1 saída con alumnado e profesorado dos 3 centros educativos a algún lugar próximo da contorna para visitar iniciativas locais de diversa índole – aínda por definir.

Participación en rede na organización e realización de polo menos 1 encontro de intercambio (con profesorado, alumnado, mocidade, outros axentes sociais locais, etc.) sobre os temas tratados, con especial incidencia na EpDCG no rural.

  • Outras actividades:

Realización de accións de intercambio e comunicación en liña entre mozos e mozas galegas con mozos e mozas doutros contextos do Sur Global, para investigar e dar a coñecer as labores de coidado e defensa dos seus respectivos territorios, especialmente por parte das mulleres e/ou colectivos nos que destacan mulleres.

Desenvolvemento de procesos de Aprendizaxe-Servizo (APS) nun centro educativo do rural, a favor da igualdade de xénero e da sustentabilidade ambiental desde vínculos local-globais (Experiencia piloto en colaboración coa USC). AINDA POR DEFINIR.

Produto final

Ao final do proxecto, as 4 comunidades educativas (de ámbito formal e non formal) participantes incorporan metodoloxías, prácticas e/ou experiencias coeducativas con perspectiva ecofeminista e de acordo ao cumprimento da Axenda 2030.

O remate do proxecto, cada comunidade educativa participante impulsa polo menos 1 acción de sensibilización, movilización e/ou incidencia a favor da igualdade de xénero, a sustentabilidade ambiental e/ou de promoción da labor das defensoras de dereitos humanos e do territorio ( 6 iniciativas en total, das cales 3 proveñen das formacións de artivismo).

Ao rematar o proxecto, os 3 centros educativos do rural establecen sinerxias con polo menos 1 entidade social da contorna para levar a cabo unha acción futura a favor da cultura de paz, a igualdade de xénero e a sustentabilidade ambiental, de acordo á Axenda 2030.


Criterios da avaliación

Criterios de avaliación da memorias final

O profesorado participante debe incluir na memoria final o deseño de polo menos 1 práctica/acción coeducativa con perspectiva ecofeminista a ser implementada na aula.

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Profesorado de 3 centros educativos do ámbito rural e persoal educador do ámbito non formal (titulares de responsabilidades) con coñecementos, habilidades e actitudes reforzadas para incorporar a perspectiva ecofeminista cun enfoque de coidados, decolonial e interseccional na súa práctica educativa, no marco da Axenda 2030.

5. Mocidade galega e alumnado de 3 centros educativos do ámbito rural (titulares de dereitos) con coñecementos teóricos e prácticos adquiridos para unha análise crítica da realidade e un papel activo na difusión e mobilización dos ODS, baixo unha perspectiva ecofeminista e cun enfoque de coidados, decolonial e interseccional.

6. Promovido o traballo en rede (local con perspectiva global) das comunidades educativas participantes, coa difusión e intercambio de coñecementos, experiencias e prácticas educativas transformadoras en torno ao ámbito rural cunha perspectiva ecofeminista.

Menús Learning object node R