Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
- Dirección Xeral de Xuventude.
Ámbito: solidariedade/voluntariado
Definición: programa que permite ao alumnado elaborar un itinerario de avaliación de actividades de voluntariado consistente na achega de diversas actuacións solidarias de diferente índoles por parte do alumnado participante, a través das cales se poden valorar as súas capacidades e adquisición de valores no marco dun proxecto de carácter solidadro.
Estas producións informan do proceso persoal seguido polo alumnado implicado, permitíndolles observar os seus esforzos cotiás e logros, en relación aos obxectivos de aprendizaxe e criterios de avaliación en materia de voluntariado establecidos con carácter previo.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030:
- ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
- ODS 3. Saúde e benestar
- ODS 13. Acción polo clima
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO e FP básica
Límite de centros participantes: non se establece
Criterios de selección:
1. Idoneidade e calidade do proxecto.
2. Grao de implicación do claustro.
3. Grao de implicación da comunidade educativa.
4. Inclusión programa xeral dos centros.
Criterios de exclusión:
1. Centros que non teñan presentado a memoria anual Plan Proxecta en cursos anteriores.
2. Centros que non teñan alcanzado nota mínima na puntuación memoria anual Plan Proxecta.
Persoas responsables:
Nomes: Pilar Martínez Sánchez
Departamento: Xefatura de Servizo de Voluntariado e Participación
Teléfono: 981 957 916
Correo electrónico: pilar.martinez.sanchez @xunta.gal
Xustificación
Pasaporte Solidario permítelle ao alumando continuar reforzando o seu itinerario solidario, iniciado na súa etapa de infantil a través de Voluntariado Miúdo, e complementalo coa súa participación en accións solidarias de xeito colectivo a través da Rede de Centros Escolares Solidario e Correspondentes Xuvenís.
Obxectivo
• Desenvolver as capacidades do alumnado para localizar información, analizala e responder aos problemas que se lle presentan
• Promocionar, visibilizar e intercambiar accións solidarias dedicadas á transformación e ao cambio social
• Mostrar as competencias desenvolvidas nos proxectos ou accións de carácter voluntario nos que as e os voluntarios teñan participado
Desenvolvemento das competencias clave:
• Competencias sociais e cívicas
• Competencia en comunicación lingüística
• Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
• Competencia dixital
• Competencia en aprender a aprender
• Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
• Competencia en conciencia e expresións culturais
Actividades
• Apoio ao profesorado: todos os centros participantes terán asistencia en liña e telefónica para o asesoramento no desempeño dos seus proxectos solidarios e para facilitar a consecución dos obxectivos e reforzar o rol facilitador das profesoras e profesores.
Mantense a posibilidade de encontros de carácter presencial nos centros (coas profesoras/es encargadas/os dos proxectos) de haber algún tipo de dificultade de carácter técnico que faga imprescindible o desprazamento do persoal técnico autorizado pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.
• Pasaporte solidario: a solicitude de cada centro docente permítese a posibilidade de que o alumnado poida cubrir o pasaporte solidario físico. En cada páxina hai unha actividade solidaria que o alumnado debe realizar en atención ás actuacións do proxecto reflectido na memoria do centro. Hai dous niveis de pasaporte, un individual e outro específico e tres pasaportes solidarios distintos:
- Nivel A: Para o alumnado que participa por primeira vez
- Nivel B: Para o alumnado que xa pasou o Nivel A
- Camiño de Santiago: Pasaporte específico dedicado ás rutas xacobeas.
Neste caso, os contidos das actuacións expresadas no pasaporte físico teñen que ser coherentes cos establecidos na memoria e cos obxectivos pretendidos co programa.
Fomentarase tamén a participación dos centros nas actividades que desenvolva a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco da conmemoración do Día internacional do Voluntariado.
Recursos
- Web de referencia: Voluntariado Galego
- Plataforma de teleformación Voluntariado Galego: ligazón.
- Outras webs de interese:
- Bibliografía de referencia:
- "Evaluación con un wiki de aula". Revista Digital de Buenas Prácticas 2.0, n.o 1, pp. 20-25. Ligazón.
Produto final
O proxecto, que ten carácter aberto, rematará coa posibilidade de realizar un encontro final entre todo o alumnado participante no programa para compartir as experiencias solidarias entre eles ou de enviar un vídeo, exposición ou presentación, a elección do centro docente, para difundir a través da web de voluntariado.
Criterios da avaliación
Criterios xerais do Plan Proxecta
1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto
Criterio específico
4. Integración de estruturas organizativas solidarias nas dinámicas dos centros.
5. Introdución de ferramentas transformadoras dos proxectos solidarios de cada centro educativo na súa contorna.