Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en relación coa organización e funcionamento das bibliotecas escolares. Curso 2019/2020
Lun, 02/09/2019 - 10:48
Achégase arquivo coas Instrucións de 2 de setembro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en relación coa organización e o funcionamento das bibliotecas escolares durante o curso 2019/2020, nos centros docentes de niveis non universitarios, de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Inclúese o Anexo I de Anotacións ás devanditas instrucións. Acompáñase, igualmente, como anexo II un arquivo ao que se fai referencia nas instrucións, extraído da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o presente curso 2019/2020 (Disposición adicional primeira), a título de orientacións.