Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2019/2020
Xúntase a Orde do 28 de maio de 2019 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2019/20.
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
- 1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 12 de xullo de 2019 (este incluído).
- 2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 9 de agosto de 2019 (este incluído).
As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.
Orde do 28 de maio de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 28 de maio de 2019 (DOG) Anexos Listaxe de puntuacións provisionais das persoas admitidas e excluídas ( A Coruña) Listaxe de puntuacións provisionais das persoas admitidas e excluídas (Ourense) Listaxe de puntuacións provisionais das persoas admitidas e excluídas (Vigo) Listaxe de puntuacións definitivas das persoas admitidas e excluídas ( A Coruña) Listaxe de puntuacións definitivas das persoas admitidas e excluídas (Ourense) Listaxe de puntuacións definitivas das persoas admitidas e excluídas (Vigo) Listaxe de puntuacións provisionais das persoas admitidas e excluídas da Coruña (período extraordinario) Listaxe de puntuacións provisionais das persoas admitidas e excluídas de Ourense (período extraordinario) Listaxe de puntuacións definitivas das persoas admitidas e excluídas da Coruña (período extraordinario) Listaxe de puntuacións definitivas das persoas admitidas e excluídas de Ourense (período extraordinario)