Convocado o Premio Curtametraxes Alice Guy-Blaché 2019 para os centros docentes públicos
Resolución do 14 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Curtametraxes Alice Guy-Blaché 2019 para os centros docentes públicos.
Baixo o lema Facemos Historia pola Igualdade a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca o I Premio de Curtametraxes Alice Guy-Blaché, que leva o nome da primeira muller cineasta, directora de máis de mil filmes e pioneira en explorar o cinematógrafo como canle privilexiada para contar historias.
Os centros poderán presentar producións audiovisuais onde se recreen acontecementos históricos, se acheguen á vida ou logros de figuras relevantes, a recuperación de discursos ou voces que loitaron en prol da igualdade en distintos países, culturas e épocas. Deste xeito, o alumnado poderá combinar o labor de investigación coas destrezas artística e creativa.
Destinatarios: todos os centros docentes públicos de educación primaria, ESO e Bacharelato ou FP Básica
- Prazo de presentación de propostas: 15 novembro 2019